Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Libros solidarios na Biblioteca de Chapela

Bibliotecas de Redondela
20-11-2018
0
Libros solidarios na Biblioteca de Chapela

As bibliotecas de Redondela na súa sede de Chapela, e grazas á boa acollida no pasado ano entre os seus usuarios, repiten a campaña "LIBROS SOLIDARIOS".
As bibliotecas premian a solidariedade co agasallo de libros e outros documentos, expostos nun lugar habilitado do Multiúsos de Chapela, a cambio de alimentos e produtos de hixiene
Libros solidarios realízase en colaboración con Cáritas Redondela e finaliza o 14 de decembro.
Os produtos recolleitos serán repartidos entre as familias que máis o necesiten
Recoméndase visitar o mercadiño solidario máis dun día, pois irá cambiando cada semana.