Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Este domingo actividade ciclista solidaria en Chapela

Concello de Redondela
18-04-2018
0
Este domingo actividade ciclista solidaria en Chapela

O paseo marítimo de Chapela será este domingo, ás 10.30 horas, o escenario dunha iniciativa solidaria a beneficio de Unicef con distintas modalidades ciclistas para nenos de 2 a 12 anos.

Os participantes poderán gozar de circuítos por categorías, unha xincana, exhibición de patinetes e bicicletas, sorteos e unha merenda.