Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Información sobre a venda de productos agrícolas e desprazamentos ás leiras durante o Estado de Alarma

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
27-03-2020
0
Información sobre a venda de productos agrícolas e desprazamentos ás leiras durante o Estado de Alarma

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos informar dun xeito claro do contido da Orde dictada pola Xunta de Galicia en relación á venda de productos agrícolas e os desprazamentos ás leiras onde se teñan cultivos ou viñas.

Para iso, dende o Departamento do Concello, elaboramos un esquema explicando as directrices marcadas pola Consellería do Medio Rural o pasado 24 de Marzo (Publicado no DOG número 58).

 

Agrocoronavirus 1

 

Agrocoronavirus 2

Mediante esta difusión pretendemos axudar ás persoas que teñan leiras, plantacións ou viñas para autoconsumo ou por motivos profesionais, pero tamén favorecer a controlar a expansión do COVID-19.

Queremos aproveitar tamén esta nova para agradecer á veciñanza os seus esforzos diarios que son claves para contolar o coronavirus e protexernos entre tod@s.