Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Charla "Preocupémonos: Menores e apostas" no Multiusos da Xunqueira

Concello de Redondela
05-11-2019
0
Charla "Preocupémonos: Menores e apostas" no Multiusos da Xunqueira

A Asociación Érguete leva a cabo o Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas da Xunta de Galicia no Concello de Redondela.

Neste Proxecto consta o Programa “Máis que un teito” que ten por obxectivo traballar coas familias. Para levar a cabo este Programa comenzamos coa primeira charla o Mércores, 13 de Novembro ás 19.00 horas no Multiusos da Xunqueira

A charla levará por título “Preocupémonos: Menores e apostas” e será impartida por Patricia Gómez Salgado, Doutora en Psicoloxía e Investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nesta charla, afondará sobre cal é o estado actual da cuestión, que dín os datos máis recentes da nosa comunidade, cales son as motivacións dos/as adolescentes á hora de apostar, con que outros comportamentos está relacionado, e que podemos facer as familias para axudar a previr isto, no marco dunha responsabilidade social compartida.