Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Volve o Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador" á illa de San Simón

Concello de Redondela
01-10-2018
0
Volve o Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador" á illa de San Simón

Onte presentouse a 7ª edición deste obradoiro colectivo, presencial e recíproco de transvasamento entre linguas e poéticas ao longo dunha semana na illa de San Simón.

Patrocinada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e polo Concello de Redondela.

Nesta edición o castelán será lingua franca entre o grupo e nas 'versións ponte' nas que est@s 6 poetas/tradutores se apoiarán.

Os participantes neste obradoiro de tradución serán Subhro Bandopadhyay (bengalí), Rosa Alice Branco (portugués), Abdul Hadi Sadoun (árabe), Timo Berger (alemán), Miren Agur Meabe (éuscaro). E, como anfitrión literario deste elenco, será nin máis nin menos que Xosé Mª Álvarez Cácamo.