Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O piloto redondelano Theo Gourdon Rafael, terceiro clasificado no Campionato de España esbk2020

Concello de Redondela
13-11-2020
0
O piloto redondelano Theo Gourdon Rafael, terceiro clasificado no Campionato de España esbk2020

Con 15 anos de idade e sendo a primeira vez que participa a nivel nacional, Gourdon
conseguiu no circuíto de Xerez o terceiro posto na competición
Un fallo no motor na última carreira impediu que este mozo corredor quedase
campión de España
O seu irmán, *Álex Gourdon, tamén logrou un gran resultado finalizando a tempada no
Top 10 da competición
O redondelano Theo Gourdon Rafael acaba de clasificarse como o terceiro mellor piloto na categoría Promo 3 do Campionato de España ESBK 2020. Así, o circuíto de Xerez-Anxo Nieto acolleu a pasada fin de semana as dúas últimas carreiras da tempada, nas que Gourdon conseguiu este gran resultado.
Aos seus 15 anos e sendo esta a súa primeira participación a nivel nacional, Theo, xunto co seu
irmán *Álex Gourdon Rafael, quen tamén compite na mesma categoría e finalizou a
tempada no Top 10 do campionato, lograron facer 7 podios dos 10 posibles na competición.
Un fallo no motor na última carreira disputada o pasado domingo, día 8 de novembro,
impediu que Theo finalizase a tempada sendo campión de España e
quedando tan só a dous puntos do subcampión.
O piloto redondelano comenta que tentou loitar polo título “ata a última
carreira. Quería esa vitoria e estaba aí, pero no volta número 4 a moto empezou a arder
debido a un problema no motor e finalmente non puido ser”, afirma. Lonxe de desmotivarse,
Gourdon recoñece que isto demostra que “se pode chegar a gañar con traballo
e disciplina” e confesa que aínda está máis motivado, se cabe, para a próxima
tempada.


Pola súa banda, *Álex Gourdon, de 13 anos de idade, está satisfeito cos seus resultados e xa
ten a mente en continuar coa súa aprendizaxe para as próximas competicións e
poder melloralos.
O Campionato de España ESBK 2020, do mesmo xeito que o resto de competición deportivas,
estivo marcado pola pandemia da Covid-19, pero iso non supuxo un impedimento
para os irmáns Gourdon, quen superou os seus obxectivos iniciais con fartura,
conseguindo uns excelentes resultados.
O primeiro trofeo recollíao *Álex na que foi a primeira carreira da competición,
disputada no circuíto de Navarra o pasado mes de xullo, e na que asinou un terceiro
posto. Xa en Cataluña, era Theo quen subía ao podio, tamén na terceira posición.
Durante o mes de setembro, Theo continuou na súa escalada cara aos primeiros postos
da competición, logrando a súa primeira vitoria no circuíto de Valencia e resultando
subcampión en Xerez. As últimas carreiras da tempada disputáronse nos meses
de outubro e novembro en Navarra e Xerez, respectivamente, onde Gourdon logrou unha
nova vitoria no circuíto navarro e clasificouse terceiro no andaluz, sen chegar a puntuar
na última carreira por un fallo do motor.
Para a próxima tempada, ambos os irmáns esperan dar un salto de calidade na
súa traxectoria.