Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellaría de Cultura do Concello de Redondela anima a recibir a información da Programación Cultural vía email.

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
20-09-2019
0
A Concellaría de Cultura do Concello de Redondela anima a recibir a información da Programación Cultural vía email.

Dende a Concellaría de Cultura queremos reavivar unha proposta: O envío de información sobre os eventos culturais do noso Concello a través dos correos electrónicos.

Aquelas persoas que así o desexen, deberán escribir un mail á dirección cultura@redondela.gal contándonos que queren recibir información sobre os acontecementos culturais da zona.

A partir de entón, recibirán nos seus correos electrónicos, dun xeito periódico e gratuito, o Programa cultural do noso Concello.

Invitamos a toda a cidadanía a sumarse a esta proposta, agardando que esta iniciativa axilice e anime aínda mais a xestión cultural da nosa vila .