Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellaría de Cultura reactiva a Axenda de actividades

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
03-03-2021
0
A Concellaría de Cultura reactiva a Axenda de actividades

Grazas a esta Axenda as persoas saberán en cada momento a través do seu móbil, tableta ou ordenador, que actividades se poden desfrutar no concello de Redondela.


Con motivo da entrada do concello no nivel 3 de restricións, e tentando axudar ás iniciativas que pouco a pouco vaian xerminando, a Concellaría de Cultura vén de reactivar a Axenda de actividades, públicas e privadas, que se levan a cabo no noso municipio. Deste xeito, pódese consultar que facer en Redondela cada día.

A Axenda é accesible as 24 horas a través da páxina web do Concello. Pódese acceder a ela de diferentes maneiras:

  • Premendo na propia icona da portada da páxina web
  • Escaneando con dispositivos electrónicos con acceso a internet, os diferentes códigos QR repartidos polo municipio: A Concellaría de Cultura está repartindo por diversos lugares do noso municipio adhesivos con códigos QR que, unha vez escaneados, lévante directamente á Axenda de actividades. Moitas cafeterías, tendas, restaurantes e todos os edificios públicos mostran dende hai tempo este adhesivo. Así, en calquera momento do día ou da noite pódese saber que facer en Redondela.

  • Escanenado o mesmo código QR a través dos mupis ou totems dixitais informativos ubicados en Redondela e Chapela.

 

Imaxes de diversos locais do municipio de Redondela coa pegatina QR da Axenda

Segundo o Concelleiro de Cultura, D. Daniel Boullosa Martínez "este proxecto xa botara a andar no pasado ano, pero por mor da pandemia tivemos que deixala suspendida. Neste momento volvemos abrila, tentando enchela de todas as actividades que, dun xeito seguro, poidan desenvolverse no noso municipio. Por todo isto dende a Concellaría estamos facendo un chamamento ás diferentes asociacións, empresas ou persoas particulares que organicen actividades para que nolas fagan chegar e poder, deste xeito, axudalas a difundilas. Queremos lembrar, ademais, que todas as actividades que se leven a cabo deberán cumprir coas indicacións ditadas pola Xunta en relación ó covid-19 en cada momento".

Deste xeito, todas aquelas actividades que queiran figurar na Axenda de xeito gratuíto, deberán ser enviadas á dirección de correo electrónico quefacerenredondela@redondela.gal con información ao respecto: quen organiza, hora e día, enlaces web á información da actividade, requisitos previos, etc.

 

Esta páxina usa Pictogramas estandarizados recollidos na web de Arasaac. Deste xeito construimos unha páxina mais accesible ás persoas con TEA ou ás persoas con outras dificultades comprensivas para aumentar e/ou compensar as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas con discapacidade.