Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en relación á Pass Vigo

Concellaría de Transparencia. Concello de Redondela.
22-10-2020
0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en relación á Pass Vigo

O pasado 19 de Outubro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSX Galicia) dictou a Sentenza 230/2020 en relación ó contencioso interposto polo Concello de Vigo contra a sentenza 42/20 do 5 de Febreiro do 2020.

Deste xeito, dase un paso máis na denuncia que no seu día interpuxera o Concello de Redondela no Xulgado contencioso administrativo nº 1 de Vigo contra o Concello de Vigo.

A sentenza daquel Procedemento Ordinario 131/2018 foi dictada a 5 de febreiro e coma resultado estimouse (traducido) "sustancialmente a demanda interposta polo Concello de Redondela ó declarar contraria ó ordenamento xurídico a esixencia do empadronamento coma condición para a obtención da nova tarxeta de transporte (sexa integrada na PassVigo ou suministrada de modo independente)".

Descarga a sentenza completa

Contra esta sentenza o Concello de Vigo interpuxo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso de apelación. E o pasado 19 de Outubro o TSX dictou a sentenza 230/2020 que conclúe (traducido):

"Por todo o exposto, en nome do Rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu. Estimar o recurso de apelación interposto polo Concello de Vigo contra a sentenza do 05/02/2020 dictada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo no Procedemento Ordinario 131/201.

Revocar a sentencia.

Declarar a inadmisibilidade do recurso contencioso- administrativo interposto."

Descarga a sentenza completa