Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Subvencións de Participación Cidadá para actividades das Asociacións de veciños, Centros culturales parroquiales e Federacións veciñais

Concellaría de Participación Cidadá. Concello de Redondela
12-08-2020
0
Subvencións de Participación Cidadá para actividades das Asociacións de veciños, Centros culturales parroquiales e Federacións veciñais

XA ESTÁN PUBLICADAS AS SUBVENCIÓNS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ


O 4 de agosto de 2020 foi publicado no BOP o Extracto das Subvencións de Participación Cidadá para actividades das asociacións de veciños, centros culturais parroquiais e federacións veciñais do Concello de Redondela.


Redondela, 5 de agosto de 2020.

 

O día 4 de agosto de 2020 foi publicado o extracto das Subvencións de Participación Cidadá para a realización de actividades do ano 2020 nas parroquias do Concello de Redondela, sendo o prazo de solicitude dun mes a contar dende o día seguinte da súa publicación, é dicir, dende o 5 de agosto de 2020 ata o 5 de setembro de 2020 (ámbolos dous días incluídos).


O obxectivo da Subvención é fomentar a realización de actividades nas distintas parroquias do Concello de Redondela para contribuír ao desenvolvemento das relacións entre a veciñanza e a súa vinculación coa súa contorna durante todo o 2020.


As bases das subvencións foron publicadas no BOP de Pontevedra o 30 de xullo do 2020, na que se poden consultar os criterios de valoración, e como novidade hai que indicar que serán subvencionables os gastos derivados do cumprimento das medidas hixiénicas establecidas polo covid-19 en relación coa limpeza e desinfección do mobiliario e local no que se desenvolvan as actividades, ata un máximo de 100 euros.


Dende a Concellería de Participación Cidadá se ten presente a situación excepcional vivida neste ano 2020, que afectou gravemente ao desenvolvemento das actividades que se estaban levando a cabo nos distintos centros do Concello, sen embargo, dende a Administración Local se quere apoiar ás entidades beneficiarias desta subvención para que poidan levar a cabo as diversas actividades que tanto benefician a toda a veciñanza.


Todas as persoas e entidades que estean interesadas en solicitar a axuda poden consultar a páxina web do Concello de Redondela (www.redondela.gal) onde están publicadas as bases e convocatorias, ou poden dirixirse á Concellería de Participación Cidadá (participacioncidada@redondela.gal).


Contacto:

Concelleira de Participación Ciudadana, Transparencia e Novas Tecnoloxías

Susana Couñago

Teléfono: 604 074 741

 

Ir a páxina de Subvencións onde se atopan os Anexos para a súa descarga