Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Información sobre Subvencións

Concellaría de Participación Cidadá. Concello de Redondela.
04-09-2020
0
Información sobre Subvencións

Dende a Concellaría de Participacion do Concello de Redondela, quérese difundir e comunicar a todas as entidades e asociacións a posibilidade de solicitar as seguintes Subvencións:

- Actividades ano 2020 da concellería de participación cidadá: o prazo de presentación de solicitudes remata o luns día 07/09/2020

- Gastos correntes ano 2020 da concellería de participación cidadá: o prazo de presentación de solicitudes remata o 13/09/2020

- Festivales non profesionais de música e artes escénicas 2020: o prazo de presentación de solicitudes remata o 11/09/2020

- Festas populares, tradicionais e gastronómicas para o ano 2020: o prazo de presentación de solicitudes remata o 08/09/2020

- Actividades de promoción da muller e a igualdade para o ano 2020: o prazo de presentación de solicitudes remata o 21/09/2020

- Axudas de comedor escolar para o curso 2020-2021: o prazo de presentación de solicitudes remata o 27/09/2020

- Actividades culturais a centros, asociacións e entidades culturais para o ano 2020: o prazo de presentación de solicitudes a un mes dende a súa convocatoria

- Convocatoria de subvencións de Axudas sociais polo COVID-19 do Concello de Redondela: o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de outubro de 2020

- Exención da taxa da recollida do lixo e redución das taxa de auga e sumidoiro correspondente ao exercicio 2021

Toda a información relativa ás subvencións está disponible no seguinte enlace:

http://redondela.gal/gl/subvencions

 

Dende a Concellaría de Participación cidadá queren lembrar a todas as asociacións, empresas, etc...que son personas xurídicas e que, coma tales, están obrigadas legalmente a presentar as súas solicitudes a través da Sede electrónica do Concello de Redondela.