Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Medio Ambiente informa dunha tala no río Maceiras

Concello de Redondela
04-11-2019
0
A Concellería de Medio Ambiente informa dunha tala no río Maceiras

A Concellería de Medio Ambiente informa que o Mércores 6 de Novembro o paseo do río Maceiras vai ter o aceso restrinxido en algúns puntos debido a tala de árbores que se atopan en mal estado.

Despois de analizar o entorno do paseo do río maceiras, o equipo técnico da Concellería atopou 6 árbores (4 mortas e 2 vivas) que corrían o risco de caer enriba do leito do río ou do paseo, podendo ocasionar tapóns no caudal e incluso por en risco aos viandantes. Unha vez de ter todos os permisos oportunos de Augas de Galicia e comprobadas as árbores vivas polo Axente Zonal do Servizo de patrimonio Natural.

O Concello ten autorización para facer esta intervención que se suma as actuacións que están realizando neste espazo fluvial.