Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Traslado da Exposición "O mar non o merece"

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
18-02-2020
0
Traslado da Exposición "O mar non o merece"

A Concellaría de medio ambiente do Concello de Redondela trasladou esta semana a Exposición "O Mar non o merece" ó Paseo Cardona, na parroquia de Chapela. Mediante esta exposición, a Concellaría quere concienciar á cidadanía sobre a contaminación material que vive depositada nas nosas praias. Trátanse de acumulacións paulatinas de entullos, de vidros e pedras que foron limpadas das praias de Redondela gracias ás xornadas de limpieza das mesmas. Acumulacións que non terían existido se no seu día foran obxecto dunha xestión de residuos ben feita: depositando cada un no seu medio de depósito ou reciclaxe adecuado.

 

Exposición

A exposición xa estivo ubicada ata agora nas inmediacións da Casa do Concello, en Redondela durante dous meses acadando un éxito importante entre o público que se achegaba a comprobar qué era e qué mensaxe transmitía: viandantes, escolares e persoas curiosas que se paraban a visualizar en conxunto todo o lixo sacado das praias da nosa vila. Dende hoxe poderase desfrutar en Chapela. 

 

Un dato curioso denunciado polo Concelleiro de medio ambiente, D. Roberto Villar foi o mal uso que da exposición fixeron algunhas persoas en Redondela, manifestando que "da propia exposición da contaminación recuperada do mar, tivemos que limpiar o lixo que unha minoría dos visitantes depositou nela; supoño que é a maneira máis directa de demostrarnos o necesarias que son campañas coma esta, de concienciación sobre o problema que temos co excesivo e mal xestionado lixo na nosa vila; actuacións coma a de estas persoas incívicas nos dan a razón en continuar con campañas de concienciación." 

 

 

Medio ambiente  Redondela é medio ambiente