Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Tren Turístico de Nadal en Redondela

Concello de Redondela
22-12-2022
0
 Tren Turístico de Nadal en Redondela

O Tren Turístico de nadal xa percorre as rúas de Redondela

Durante a oferta de nadal do Concello de Redondela, o Tren Turístico aumentará o seu roteiro de forma especial durante as festas. O 22, 23, 24, 26 ao 27 de decembro e do 2, 3, ao 4 de xaneiro o horario do tren turístico será de 17:00 a 20:00 horas e o 24 de decembro de 11:00 a 13:00 con Saída da praza de Santiago apóstolo. En Chapela o 28, 29, 30 e 31 de decembro o horario será de 17:00 a 20:00 h e o 31 de decembro de 11:00 a 13:00 h con saída da alameda Rosalía de Castro.

A partir do día 24 o tren turístico, decorado para a ocasión, percorrerá a vila para que a xente poida gozar das vistas iluminadas coa ornamentación de nadal. Todo un viaxe cheo de cor que acentúa a beleza do patrimonio de Redondela. “A aposta polo tren turístico resultou ser un éxito, por ese motivo é de especial importancia aumentar o seu percorrido e horarios durante as festas. A iniciativa forma parte das extensa programación deste nadal, capaz de agradar a público de tódalas idades”, explicaba a alcaldesa de Redondela.