Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Campaña de reciclaxe "Únete ao reto"

Concello de Redondela
04-05-2018
0
Campaña de reciclaxe "Únete ao reto"

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes propoñen un reto a quince municipios galegos estratéxicos, entre eles o Concello de Redondela:

Recicla, Respira e Supérate.

Reciclando podes contrarrestar a contaminación. É por isto que se durante maio, xuño e xullo colaboras incrementando a cantidade de envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo nun 10% respecto aos mesmos meses de 2017, o teu municipio pode gañar un premio de 2.000 euros para doalos a unha causa social local.

Nesta páxina atoparás tódalas indicacións para facer unha reciclaxe efectiva:

http://uneteaoreto.com 

Contamos contigo? Únete ao reto!