Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novo número de Urbaser para a recollida de mobles e enseres 986 388 111

Concello de Redondela
07-02-2024
0
Novo número de Urbaser para a recollida de mobles e enseres 986 388 111

A empresa Urbaser, responsable da recollida do lixo en Redondela, acaba de habilitar un novo número de teléfono para o servizo gratuíto de recollida de mobles e enseres para particulares neste municipio. A veciñanza que desexe desfacerse de vellos electrodomésticos, mobiliario, colchóns ou outro tipo de residuo voluminoso debe poñerse en contacto co teléfono 986 388 111. A empresa indicaralle o día e a hora na que poden depositalo para o que servizo de recollida pase a retiralo.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, amósase satisfeito coa posta e marcha desta nova liña telefónica “que se utilizará en exclusiva par a veciñanza de Redondela”. O edil reclamara este servizo telefónico á empresa Urbaser “logo das queixas veciñais pola dificultade para contactar co anterior número da empresa”.

Desde a concellería advirten que este servizo non recolle outro tipo de residuos como entullos de obras, cerámica, podas vexetais ou pneumáticos.