Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aviso das bibliotecas municipais de Redondela

01-06-2020
0
Aviso das bibliotecas municipais de Redondela

CONSULTA DE COMPUTADORES nas Bibliotecas de Redondela

A partir do LUNS, 1 DE XUÑO, libérase un novo servizo: a consulta de computadores das nosas bibliotecas.

Co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios:

  • Poderán utilizar os computadores os maiores de 14 anos
  • Permitirase o acceso a unha soa persoa a cada equipo, podendo ser acompañados por outra persoa quen se atope en situación de dependencia.
  • As persoas que o desexen poderán reservar os equipos para unha hora determinada nos teléfonos ▪️986 40 15 61 (biblioteca de Redondela) / ▪️986 45 42 26 (biblioteca de Chapela), onde se lles asignará o uso dun computador durante 60 minutos. A cita será persoal e intransferible.
  • Unha vez utilizado, o computador quedará fóra de uso ata ser hixienizado.

Lembramos que o horario de apertura das bibliotecas actualmente é de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Igualmente, lembramos que está a funcionar o servizo de préstamo e devolución de libros e audiovisuais, así como o de información e referencia bibliográfica.


http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/05/consulta-de-computadores-nas.html