Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Vilar de Infesta conta xa coa súa placa identificadora

Concello de Redondela
17-02-2022
0
Vilar de Infesta conta xa coa súa placa identificadora

A parroquia de Vilar de Infesta conta xa, ao igual que outras do municipio, coa súa placa identificadora, seguindo a liña de sinalización e posta en valor dos núcleos rurais que desenvolver o Goberno que preside Digna Rivas.

A placa, realizada en granito polo alumnado dun dos obradoiros de emprego desenvolvidos en Redondela, quedou situada no límite coa veciña parroquia de Saxamonde, non moi lonxe do monte Chan das Pipas.

Búscase, explica a alcaldesa, “que as nosas parroquias poidan contar con elementos que poñan de relevo a súa propia identidade dentro do municipio de Redondela do que son parte inseparable e imprescindible”.