Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Bibliotecas

As Bibliotecas do Concello de Redondela son un servizo público básico que ten como finalidade ofrecerlle á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

Os cativos e cativas de INFANTIL do CEIP Igrexa visitaron esta mañá a Biblioteca Xela Arias para unha sesión de contos e fantasía.
A creatividade e as artes son a temática sobre a que xiraba a actividade que o persoal da biblioteca lle tiña preparado a este grupo tan entusiasta e activo.

Pasámolo xenial.
Agardamos vervos pronto levando contos para ler na casa.

VER IMAXES DA SESIÓN.

A Biblioteca Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e mais o Coro de Voces Graves de Vigo, comprácese en ter un encontro co músico malgaxe Kilema.

No día previo ao concerto que dará no auditorio do Multiúsos de Chapela (sábado 4 de maio, ás 19:00 h., da man da Coral o Piñeiral), o músico, luthier e activista terá un encontro con público infantil e xuvenil para falar sobre Madagascar e a súa música, pero sobre todo, para dar unha masterclass sobre o son e as características dos seus instrumentos musicais.

Os instrumentos que toca Kilema baséanse na tradición malgaxe, mais algúns deles foron modificados pola súa man, aproveitando materiais de refugallo.

Kilema xira polo mundo para dar a coñecer a riqueza cultural do seu país, e dentro dun proxecto no que, a través da súa música como medio de transporte, difunde valores, ideas, aprendizaxes e solidariedade.

A cita con Kilema e a biblioteca de Chapela será o venres 3 de maio, ás 19:00 h. 

A actividade está pensada para rapazada a partir de 4 anos, e público familiar.
Entrada libre e de balde.

No Día do Libro é tradicional, en moitos lugares de España, regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón e que os namorados e persoas queridas se intercambien rosas e libros. Como nas bibliotecas de Redondela queremos moito aos nosos/as usuarios/as acollémonos a esta bonita tradición para este día tan especial ofrecéndolles este encantador deseño de camelia, realizado pola nosa compañeira Olga.

Os/as lectores/as que fagades uso do servizo de préstamo este 23 de abril, levaredes como agasallo unha camelia realizada con papel impreso reciclado e con todo o noso agarimo.

FELIZ DÍA MUNDIAL DO LIBRO PARA TODOS/AS!

Bibliotecas

Catálogo

O Catálogo das bibliotecas de Redondela está incluído no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (rbgalicia). Desde el pódese buscar calquera tipo de documento (libros, material gráfico, audiovisuais, gravacións sonoras etc.)/ etc.) tanto das bibliotecas de Redondela como de calquera outra biblioteca incorporada a esta Rede.

Novidades

As listas do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia son seleccións de documentos dese catálogo, son unha forma de gardar unha colección de contidos sobre un tema concreto ou para un fin determinado. Como usuarios tamén podedes crear vosa propia lista.

A continuación deixámosche os ligazóns aos creados coas novidades das nosas biblioteca. Desta maneira, poderá acceder facilmente ás últimas incorporacións de documentos a noso/o seu fondo.

GALICIA LE é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten como obxectivo facilitar o acceso á cultura a todos os cidadáns.

GaliciaLe ofrece un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital sobre diversas temáticas no que os intereses de todos os lectores terán o seu espazo (ficción, informática, historia, lecer etc.)/ etc.) e todas as idades terán o seu lugar.

En GaliciaLe atoparás dous catálogos: un que contén o "Catálogo Galego" e outro que aloxa o «Catálogo Castelán». As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visualizarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e computadores persoais. No caso dos libros, tamén poderás facelo desde un lector de libros electrónicos.

Para acceder a GaliciaLe necesitas:

  • Ser usuario con tarxeta dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se non a tes, podes acudir á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar a túa tarxeta.
  • Dispoñer dun dispositivo compatible (tableta, computador persoal, lector de libros electrónicos, teléfono móbil etc.)/ etc.) e unha conta de correo electrónico.

Novo servizo GaliciaLe+: As persoas de fóra de Galicia poderán facer uso do préstamo dixital en galego a través desta plataforma, rexistrándose previamente neste enlace. Rexistrarse en GaliciaLe+

App da Rede de Bibliotecas de Galicia

Coa aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia podes levar sempre contigo todo o catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo, GaliciaLe. Para usala só precisas ter o carné de calquera biblioteca da Rede e entrar co teu usuario e contrasinal. Poderás consultar o catálogo, tomar en préstamo libros, revistas e audiovisuais, visualizalos en liña ou descargalos, de forma gratuíta a calquera hora do día e todos os días do ano. Tamén incorpora un acceso directo á web de eBiblio e ao catálogo das bibliotecas físicas da Rede. Deste xeito, o teu carné da biblioteca está agora no teu móbil. Con esta app, poderás acceder ao préstamo ou a calquera outro servizo da túa biblioteca sen necesidade de levar a tarxeta.

A aplicación da Rede está dispoñible tanto para Android como iOS e podes descargala directamente nas súas respectivas plataformas. Para facelo escanea o código QR correspondente segundo o sistema operativo do teu dispositivo móbil ou accede a través das ligazóns que atoparas deseguido.

Servizos

Espazo Persoal

Para acceder á túa conta de usuario da Rede de Bibliotecas de Galicia:

  1. Ir á web: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
  2. O acceso é no cadro da dereita: «Inicia sesión na túa conta»

 

  • Usuario: o seu número de tarxeta da biblioteca.
  • Contrasinal: Se non ten unha, elixa «Esqueceu o seu contrasinal» e siga as instrucións.

 

Vostede será capaz de:

  • Renova os teus préstamos.
  • Reserva un documento que se toma prestado.
  • Realizar unha solicitude á biblioteca.
  • Etiquete as súas lecturas.
  • Consulta os teus préstamos.
  • Etc.

Pregunte: As bibliotecas responden

Servizo de información pública a través de Internet, que se ofrece de forma gratuíta e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.

Ofrecido por bibliotecas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado pola Dirección Xeral do Libro e Promoción da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

Xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas para que, aínda que accedas a través da túa biblioteca habitual, a túa consulta poida ser respondida por calquera outra biblioteca participante no proxecto.

Permite aos usuarios consultar as bibliotecas participantes a través de dous métodos: correo electrónico (24 horas ao día, 365 días ao ano) e chat (días laborables en horario de atención ao usuario).

Punto de Investigación Redondela na Historia

Esta rede consta de tres puntos de acceso:

  • Arquivo documental e arquivo audiovisual do Concello de Redondela :
    Casa do Concello – r/ Alfonso XII, 2 – Redondela
    Teléfono: 986 400 300
    E-mail: arquivo@redondela.gal
  • Biblioteca Municipal de Valle-Inclán de Redondela .
  • Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela .

O acceso á hemeroteca Faro de Vigo realízase en liña, desde computadores habilitados nas propias instalacións do arquivo e nas bibliotecas municipais. O acceso é gratuíto, pero deberá solicitar a súa consulta nestes servizos, e deixar constancia dela nun formulario breve, para que o Concello poida avaliar o uso deste recurso.

A procura dentro desta base de datos permite, grazas ao OCR ( Recoñecemento Ópticos de Caracteres), filtrar todos os números do xornal informativo por termos específicos, pero tamén por datas.

O persoal das bibliotecas e máis do arquivo guiará e asesorará ás persoas interesadas á hora de navegar e mergullar pola historia desde o ano 1853 (nacemento do xornal) ata a actualidade.

Documentos : Os documentos administrativos xerados e recibidos polo Concello de Redondela desde 1848 ata a actualidade, ordenados e clasificados no Arquivo Municipal.

Fotografías : Fondos audiovisuais dixitalizados, cedidos polo barrio. Coleccións privadas de fotografías de paisaxes e xentes de Redondela. No Arquivo Municipal e no seu  blog.

Fondo bibliográfico local : Fondos en diferentes medios que tratan do noso municipio e a súa xente, obras de autores locais e obras impresas na localidade. Nas bibliotecas do Concello (Redondela e Chapela).

Con estas fontes de información ao dispor da cidadanía, o Concello de Redondela pretende completar a visión do noso Pobo de Redondela, indagar, investigar ou simplemente vincularnos e achegarnos desta maneira ao noso pasado.

Biblioterapia

A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.

O Proxecto:

Está impulsado pola Axencia para o Coñecemento en Saúde e a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiamento de Lundbeck.

De interese...

LITERATURA NAS ONDAS

Compartir