Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Normalización Lingüística

A área de Normalización Lingüística do Concello de Redondela encárgase de promover e dar soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega.

Contacta

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela ofrece nos meses de maio e xuño un ciclo de cine coa proxección de catro longametraxes galegas. A alcaldesa Digna Rivas, responsable do departamento, sinala que con esta proposta o SNL ofrece á veciñanza unha alternativa de ocio e cultura, ao tempo que pon en valor “a calidade do cine feito en Galicia e en galego, cun ciclo que nos achega películas de gran proxección e galardoadas en certames nacionais e internacionais”.

A primeira das citas será o venres 3 de maio con “O corno”, unha película de Jaione Camborda protagonizada por Janet Novás e gañadora da Cuncha de Ouro a mellor película e do Goya a mellor actriz revelación. Ambientada na Illa de Arousa dos anos 70, conta a historia de María, mariscadora e parteira que, tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe na que terá que loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. “O corno” é a primeira película galega que gaña no Festival de Cine de Donostia, e a súa directora, Jaione Camborda, é ademais a primeira realizadora española que gaña este premio nos 71 anos de vida do festival. Proxectarase ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira.

A segunda das propostas é “Sica”, dirixida por Carla Subirana e protagonizada por Thais García e Nuria Prims. Conta a historia de Sica, unha adolescente de 14 anos que está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. O filme, premiado no Festival de Málaga, poderá verse o venres 10 de maio ás 20 horas no auditorio da Xunqueira.

No mes de xuño o ciclo continuará coa multipremiada “As bestas”. A cinta de Rodrigo Sorogoyen relata a historia de Antoine e Olga, unha parella francesa que se instalada nunha aldea do interior de Galicia. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea até alcanzar un punto de non retorno. O filme conta no seu reparto con Marine Foïs, Denis Ménochet, Luis Zahera, Marie Colomb e Diego Anido, entre outros. Gañadora de 9 Premios Goya, incluíndo Mellor película, dirección, guión e actor; Premio César á Mellor película estranxeira; Premio do Público en San Sebastián; Mellor película, director e actor (Ménochet) no Festival de Tokio; Mellor película drama, actor de reparto (Zahera) e música nos Premios Feroz entre outros moitos galardóns nacionais e internacionais. A longametraxe poderá verse o 15 de xuño ás 20.30 horas no auditorio da Xunqueira.

O ciclo pecharase co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés. O traballo recolle a construción do encoro de Lindoso (Portugal), que en 1992 alagou para sempre as aldeas ourensás de Aceredo e Buscalque. Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a piques de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos anos 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares. Proxectarase o 22 de xuño ás 20.30 horas no auditorio da Xunqueira.

As entradas están xa á venda no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 2 euros para cada película, e pode mercarse un bono para asistir a todos os pases por 5 euros.

Máis de 300 escolares de diferentes institutos de Redondela asistiron hoxe ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. A este evento, celebrado este mediodía na Alameda Castelao, estaban convidados todos os alumnos e alumnas dos IES Chapela, Floriani e Mendiño que participaron na campaña “Semaniña enteira”. Esta iniciativa, que xurdiu dos equipos de Normalización Lingüística dos institutos, tiña o obxectivo de fomentar o uso do galego entre a mocidade, e o reto que tiñan que superar era falalo durante 7 días as 24 horas. Para este propósito o Concello de Redondela mobilizou a distintos sectores sociais para contribuír ao uso do galego e animar á poboación a empregar a nosa lingua. Os que o superaron gozaron hoxe deste espectáculo con Brais Morán, que pon a voz e a guitarra na súa banda, Nasaufunk, coa que introduce os ritmos disco e funky no panorama actual da música galega e en galego con temas feitos para bailar e divertirse. A actuación, que estaba prevista para o pasado mes de marzo, tivera que adiarse por mor da chuvia. O concelleiro de Ensino, Iván Valles, felicitou á rapazada por ter superado o reto, e animounos a usar o galego “non só unha semaniña enteira, senón un mes enteiro, e o ano enteiro”.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística, e a petición de varias escolas, proponse celebrar un novo reto "Semaniña enteira" nos colexios de Primaria. Xa son varios os centros que amosaron o seu interese en facelo e que o porán en marcha no mes de maio. O SNL valora positivamente a campaña pola promoción do galego en todos os ámbitos por parte da mocidade, e tamén por trasladar o debate “sobre o uso, transmisión e saúde do idioma nun municipio coma Redondela, tan vencellado ao proceso de normalización lingüística” sinala a Alcaldesa Digna Rivas. A rexedora confía en que retos coma este sirvan “para normalizar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade” e reafirma o compromiso do seu goberno “para seguir colaborando en todas as iniciativas que se poñan e marcha a prol da lingua”.

Onte, domingo, día 3 rematou a campaña de "Semana", os alumnos dos institutos de Chapela, Floriani e Mendiño é proposto para falar galego. O seu reto foi para falar sobre iso durante 7 días as 24 horas do día. Para iso, o Concello de Redondela mobilizou a diferentes sectores sociais para contribuír ao uso do galego e promover o uso da nosa lingua por parte da poboación. Neste sentido, o concello quere agradecer a todos e cada un dos axentes, a súa implicación e para a boa recepción de sinais e carteis feitos para a ocasión. No campo comercial, foi asistido por preto de 80 tendas, eles decidiron falar sempre en galego para esta semana. Pero o concello quere fomentar a eles que, unha vez que o xuízo, para continuar a usalo, e facer do galego a súa linguaxe cotiá. No ámbito do deporte, tamén foron engadidos a esta campaña, máis que unha ducia de clubs de todo tipo (de fútbol, patinaxe, atletismo, remo, etc.), dando o galego unha nova dimensión en áreas de deportes, onde non é común. O conservatorio e a Escola de Música Chapela, o persoal do Concello de Redondela e moitas outras persoas que se xuntaron no feita esta iniciativa un éxito que abriu novas portas e novos retos.

Desde o Servizo de Normalización Lingüística, e a petición de varias escolas, é proposto para facer o reto "Semana" en escolas públicas. Varios xa mostraron o seu interese en facelo e, probablemente, lanzamento, en maio. O SNL acolle a campaña, tanto polo uso real do galego en todos os ámbitos e unha parte da xuventude, e a verdade futuro do galego, tales como movendo o debate sobre o uso, transmisión, e a saúde da lingua dunha forma concello como Redondela "como ligados ao proceso de normalización lingüística". O alcalde Digno Rivas, xefe de departamento de normalización, a confianza que retos como esta serven "para normalizar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade", e reafirmou o seu goberno o compromiso de "seguir a traballar sobre as iniciativas que están a poñer en práctica pola lingua".

Maio 2024
Mai 05
05 Maio 2024
Auditorio da Xunqueira.,Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800
Gratuito
Mai 05
05 Maio 2024
Auditorio da Xunqueira.,Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800
Gratuito

Normalización Lingüística

    O Concello de Redondela é pioneiro da normalización da lingua galega. Un proceso que constitúe unha protección, divulgación e impulso da riqueza cultural máis importante de Galicia. Redondela constituíu o Servizo de Normalización Lingüística no ano 1982; por tanto, un ano antes de que o Parlamento galego aprobase a Lei de normalización. Por este motivo, Redondela situouse como un referente para toda Galicia. Esta decidida e valente, iniciativa valeulle distintos recoñecementos, como o Premio da Crítica de Galicia ou o Pedrón de Ouro. A lingua galega converteuse nun motivo de especial orgullo para a cidadanía redondelana. Porque a causa do idioma é unha causa común. Pero coñezamos un pouco desta historia.

    Nacemento e devir do galego

    O galego é unha lingua romance. Formouse cara ao final do século VIII a partir dun substrato celta e dos superestratos xermánicos (suevos, visigodos), tendo como base o latín. No léxico quedaron mostras, actualmente vivas, de linguas anteriores á chegada dos romanos. Por exemplo, carqueixa, queiruga, touza, labio, lágrima, rodaballo… Na toponimia temos numerosos exemplos: Viascón, Bergantiños, O Grove… ou nos nomes de ríos: Sar, Navia, Landro…

    O período medieval (X-XV) foi luminoso para Galicia grazas ao poder relixioso, nobiliario e cultural. De testemuño quedaron os códices coa lírica medieval galega, as coleccións de documentos xurídicos ou textos escritos por monarcas, como o Rei Afonso X O Sabio, autor das “Cantigas de loor de Santa María”.

    Por causa das vicisitudes sociopolíticas (independencia do sur de Galicia, que deu orixe a Portugal; guerras civís; revoltas irmandiñas; interveción dos Reis Católicos…) o galego foi perdendo o seu status en favor do castelán, que axiña se impuxo como única lingua na escrita malia que a poboación falase galego.

    Ao longo dos anos produciuse tamén un cambio sociolingüístico posto que as clases pudentes adoptaron o castelán como marca fronte ao galego, identificada coas clases baixas. A isto sumóuselle unha política de expulsión do galego da documentación, de castelanización da toponimia (Sanjenjo, Rianjo, Mugía…) ou incluso de modificación nos apelidos (Otero por Outeiro, Seijas por Seixas, Molinos por Muíños…).

    O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cuando comience un proceso continuado de recuperación en la escritura.

    O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cando comece un proceso continuado de recuperación na escrita e que terá o momento álxido coa fundación da Real Academia Galega en 1906.

    No pasado século a conciencia lingüística avanzou. En 1916 naceron as Irmandades da Fala ue tiñan por bandeira a lingua como elemento central da identidade galega. Dende entón iniciouse a demanda da cooficialidade que chegaría coa aprobación do Estatuto Galego en 1936. Pero a guerra civil impediu que se puxese en marcha.

    A ditadura franquista expulsou o galego da vida oficial, agás no ámbito da cultura. Esta tería un papel central na recuperación da conciencia lingüística. A mediados dos 60 apareceron numerosas asociacións culturais en cidades e vilas que impulsaron o galego con distintas iniciativas.

    Tamén o movemento político e sindical antifranquista foi incorporando o uso do galego. Hoxe é a lingua oficial de todos os sindicatos agrarios e obreiros e da maioría das forzas políticas con representación institucional. Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), que supuxo a cooficialidade do galego e que foi definida como “a lingua propia de Galicia”, comezou a incorporación a todos os ámbitos dos que fora expulsado ao longo dos séculos.

    Redondela impulsa o Galego

    O Concello de Redondela foi o primeiro en ofrecer en galego todo tipo de formularios en galego, en sinalizacións viarias, na rotulación das dependencias municipais… Ademais organizou os primeiros cursos de linguaxe administrativa para o funcionariado e cursos de para a veciñanza.

    Mais a iniciativa de Redondela foi máis alá do municipio. A mediados dos 80 reclama ás autoridades responsables a incorporación do galego á guía telefónica, ao transporte aéreo e ferroviario (Aviaco e Renfe), ás empresas públicas… Organiza xornadas sobre modelos de normalización traendo a responsables de Euskadi e Catalunya, lanza unha campaña de grande éxito titulada “Sinte Galicia, fala o teu idioma” na cal participan rostros moi populares nese tempo (Camilo José Cela ou Pepe Domingo Castaño).

    Un momento histórico foi a sentenza ditada en galego o 27 de marzo de 1985 pola Audiencia Territorial da Coruña tras 500 anos de proscrición. O promovente fora o Concello de Redondela.

    Outras propostas, sempre recibidas con entusiasmo polo pobo redondelán, foron logo copiadas noutros municipios (por exemplo, Redondela foi o primeiro consistorio que puxo o nome de “Casa do Concello”) ou se manteñen vivas até hoxe (por exemplo, o premio de narrativa Eduardo Blanco Amor).

    Na actualidade, o galego conta coa máxima protección a nivel legal dentro do municipio: é a lingua oficial, existe unha ordenanza de uso, mantense o SNL como departamento autónomomo… Pero a realidade sociolingüística galega é adversa á vista dos datos da ruptura na transmisión interxeracional.

    En todo caso, Redondela foi e segue sendo un modelo lingüístico referente para toda Galicia. Esta é tarefa compartida entra a Administración e a sociedade. Redondela é un exemplo. Unha proba é a recollida, conservación e promoción da microtoponimia, coa creación dunha web esepcífica que podedes consultar na seguinte ligazón: Toponimia de Redondela.

    Anterior diapositiva
    Seguinte diapositiva

    De interese...

    FACEBOOK

    BLOG

    Compartir