Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (FEDER). 2014-2020
|
Redondela 2020 é unha iniciativa promovida polo Concello de Redondela que ten como obxectivo definir unha estratexia de cidade de desenvolvemento. Redondela recibiu 5 millóns de euros para estratexias de desenvolvemento sustentable. Os fondos empregaranse para mellorar a comunicación entre as parroquias ou a creación de emprego a través do fomento de industrias culturais, entre outros. Estas axudas do plan de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi) tras ser seleccionada o seu proxecto "Redondela 2020" polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a resolución pola que se conceden as axudas destes fondos-cofinanciados con fondos europeos Feder- en primeira convocatoria, cun prazo de execución ata 2020. O proxecto "Redondela 2020" foi aprobado en Pleno por todos os grupos da corporación nunha sesión extraordinaria celebrada en xaneiro de 2016, pouco antes de que expirase o prazo acordado polo Ministerio de Facenda. PRIMEIRA CONVOCATORIA SELECCIÓN Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado
Tal e como aparece na Resolución (BOE 14/12/2016), a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Redondela foi seleccionada e é cofinanciada mediante o Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020, con axuda de 5.000.000€. |