Medio Ambiente
A área de Medio Ambiente do Concello de Redondela encárgase de xestionar a infraestrutura verde municipal e a protección e conservación do medio ambiente urbano.
Contacta
- 986 400 300
- medioambiente@redondela.gal
- Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborales 9:00-14:00 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
– A parroquia de Reboreda foi incluída no PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia), como zona prioritaria. Isto permite aos propietarios de terreos contratar a roza coa empresa pública SEAGA cunha tarifa reducida a partir dos 420 euros por hectárea se están na faixa secundaria (no perímetro de 50 metros arredor das vivendas ou núcelos de poboación).
– O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, explica que esta medida busca facilitar o cumprimento da normativa de prevención de incendios, que establece a obriga dos propietarios de ter as leiras limpas antes do 31 de maio para garantir a seguridade. Nesa data darán comezo as inspeccións técnicas e o incumprimento da norma será obxecto de sancións económicas.
O Concello de Redondela informa á veciñanza que a parroquia de Reboreda foi incluída no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) como parroquia prioritaria, logo dos graves incendios que se produciron nesta parroquia.
Os titulares de terreos en Reboreda que estean situados na faixa secundaria de xestión de biomasa (50 metros arredor de vivendas e núcleos de poboación) poden solicitar o servizo de roza e limpeza á empresa pública SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos). O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, explica que esta medida busca facilitar o cumprimento da normativa de prevención de incendios, que establece a obriga dos propietarios de ter as leiras limpas antes do 31 de maio, data na que darán comezo as inspeccións técnicas nas faixas secundarias.
O convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Redondela permite aos particulares adherirse a este servizo, ofrecendo SEAGA unha tarifa bonificada desde 420 euros por hectárea.
A priorización de Reboreda responde a criterios técnicos do PLADIGA, que pon o foco en zonas con especial necesidade de xestión de biomasa para garantir a seguridade da poboación ante o risco de incendios forestais. O Concello lembra que o mantemento e a limpeza das parcelas é responsabilidade dos seus donos, e insta aos veciños de Reboreda a aproveitar este servizo para cumprir coas obrigas legais e mellorar a seguridade do núcleo poboacional.
– O Goberno local anticípase ao verán para garantir que os areais estean en perfectas condicións. O servizo de limpeza comezará o 15 de xuño e rematará o 15 de setembro. O contrato, reservado a empresas de inserción laboral, ascende a 140.000 euros e promove o emprego parra persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a importancia de ter os deberes feitos antes da temporada alta: “Facemos un esforzo administrativo importante para que todo estea operativo a mediados de xuño, e que a veciñanza e os visitantes poidan gozar das nosas praias nas mellores condicións e con total seguridade”.
O Concello de Redondela pon a punto do seu litoral coa formalización, neste mes de abril, do contrato para a limpeza de praias. A adxudicación prodúcese con moita anticipación, froito do esforzo do Goberno local por adiantarse á tempada alta e asegurar unha xestión eficiente do mantemento ambiental e turístico. O contrato, que ascende a 140.460 euros, realízase cun centro especial de emprego de Iniciativa Social. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que deste xeito o Concello “promove a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social”. Rivas lembra que o seu goberno implementou esta medida en 2022 “para favorecer unha contratación pública inclusiva”.
O operativo de limpeza estará plenamente operativo dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Durante estes tres meses, os areais da Punta, Arealonga e os Penedos contarán cun servizo de limpeza diaria. Os traballos non se limitarán á area, senón que inclúen os paseos de Cesantes e Cardona, así como accesos, aparcadoiros, zonas verdes e áreas de xogos. Seguindo o modelo de xestión do ano pasado, o Concello mantén o reforzo noutros areais: en Soutoxuste e Rande a limpeza realizarase tres días á semana, e na praia de Cabanas, Trasmañó, será dous días por semana. O concelleiro responsable, Vicente Lamas, subliñou que todas as actuacións se realizarán baixo criterios ambientais: “A limpeza faise respectando a fauna e flora da contorna” e a retirada de algas e restos vexetais será manual e conforme á normativa vixente.
Rivas, destacou a importancia de ter os deberes feitos antes do verán: “Facemos un esforzo administrativo para que todo estea operativo a mediados de xuño. Adiantándonos á tempada alta buscamos que veciñanza e visitantes poidan gozar das nosas praias nas mellores condicións posibles e con total seguridade”. De forma paralela, informou que o contrato para o servizo de socorrismo formalizarase nos vindeiros días e estará operativo do 15 de xuño ao 15 de setembro nas praias de Arealonga e Cesantes.

– A nova ponte conectará o aparcadoiro disuasorio de Vilavella co paseo fluvial, fomentando a mobilidade sustentable e reducindo o tráfico no centro urbano. O proxecto prioriza a accesibilidade universal e o respecto ambiental, e non afectará ao leito do río.
– A alcaldesa Digna Rivas destaca que a obra “humaniza a contorna e ofrece unha alternativa segura e amable para que a veciñanza acceda ao centro sen depender do coche”. A pasarela salvará o río sen apoios no leito, protexendo así o ecosistema fluvial. A estrutura terá unha estética integrada na paisaxe con varandas de madeira.
O Concello de Redondela anuncia o proxecto de execución dunha nova pasarela peonil sobre o río Maceiras que permitirá unir o aparcadoiro disuasorio de Vilavella co paseo fluvial. O obxectivo é crear un itinerario peonil “directo, seguro e accesible” que conecte ambas as marxes do río. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinalou que esta actuación “é un paso máis na nosa aposta por unha vila máis humana e habitable”. Segundo explicou a rexedora, “con esta pasarela non só facilitamos o estacionamento, senón que transformamos un traxecto que antes era incómodo nun paseo agradable pola beira do río”. O obxectivo é que Redondela sexa “un espazo onde o peón sexa o protagonista, garantindo que calquera persoa, teña ou non problemas de mobilidade, poida desprazarse con total seguridade e confort”.
Un deseño accesible, integrado e respectuoso coa contorna. A actuación afectará a unha superficie total de aproximadamente 100 m², dos cales 16,20 m² corresponden á propia estrutura da pasarela. O deseño minimiza o impacto ambiental e a pasarela salvará o río sen necesidade de instalar apoios no leito, protexendo o ecosistema fluvial. A estrutura contará con cimentacións de formigón armado e unha estética integrada na paisaxe, con varandas de madeira. As proteccións terán unha altura de 1,10 metros. A nova pasarela permitirá unha accesibilidade “universal”, con pendentes suaves que facilitan o tránsito de persoas con mobilidade reducida.
O proxecto financiarase a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O orzamento para a licitación ascende a 24.254 euros.

There is no Event
Bando: Uso y disfrute de las playas del término municipal de Redondela
Analíticas
- Analíticas de Fuentes
- Analíticas de Playas
Agenda 21 - Redondela
A Axenda 21 é un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sustentable no século XXI, aprobado por 173 gobernos na Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Janeiro en 1992.
A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das políticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plan de Acción Local.
Sumarse a esta iniciativa supón, xa que logo, o compromiso municipal de estimular o desenvolvemento de medidas encamiñadas a facer compatibles a conservación do medio co desenvolvemento social e económico do propio concello. Supón ademais facelo dun xeito estruturado e planificado o que implica unha actuación transversal coa participación da totalidade das áreas da Administración local.
A Axenda 21 Local é un proceso aberto e creativo que cada concello define baseándose na súa realidade e nos seus condicionantes.