Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Paseo e Praia de Arealonga

Á beira do mar da ría de Vigo, co estreito de Rande a un lado e as illas Cíes no outro, atopámonos co paseo e coa praia de Arealonga, no barrio de Laredo (Chapela-Redondela).

Andar á airexa do mar é sempre un atractivo para as crianzas e os adultos que buscan un espazo de tranquilidade. O paseo conta con todos os servizos básicos e ofrece un pequeno circuito para que nenos e nenas, sobre bicicletas ou patíns, poidan facer percorridos.

Na zona de praia hai cafeterías e restaurantes con terrazas. E cara ao final está o parque infantil, con tirolesa e outras estruturas lúdicas, que farán pasar un bo rato aos máis pequechos e pequechas.

A praia, de area fina, é un dos tres areais cos que conta o municipio de Redondela. Esta sitúase preto do paso do Camiño Portugués pola costa. Sempre resulta unha parada atractiva para descansar, repoñer forzas e gozar da natureza marítima.

Como chegar

Compartir