Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A Casa da Herba

O albergue A Casa da Herba está situado no propio Camiño de Santiago en pleno centro histórico de Redondela, diante dunha preciosa praza, chamada a Praza da Alfóndiga, cun tradicional cruceiro na súa parte central, que ofrece un espazo único para o esparexemento, encontro e descanso dos peregrinos.

O albergue atópase nunha zona tranquila, ideal para o descanso, e ademáis, a súa céntrica localización posibilita o acceso a todo tipo de servizos necesarios para o peregrino e a visita aos lugares máis visitados da vila. O albergue ofrece dúas modalidades de aloxamento: dende as tradicionais liteiras en habitacións compartidas de diferentes capacidades de 4, 6 e 12 prazas, ata cuartos dobres con balcón e vistas á praza da Alfóndiga.

O albergue conta con todas as comodidades e servizos requeridos polos peregrinos que se dirixen a Santiago: lavandería, cociña totalmente equipada e espazo común.

Compartir