Amplos apartamentos turísticos, situados en pleno corazón de Redondela. Perfecto para familias, para peregrinos ou todo aquel visitante que queira explorar a Vila dos Viadutos. Apartamentos amplos, solleiros, céntricos, novos tranquilos e acolledores.
Co sistema de apertura automática poderán acceder ao noso edificio e aos nosos apartamentos sen necesidade de esperas. Contamos con consigna para as maletas para que poidan envialas e atopalas no noso aloxamento cando cheguen e que llas poidan recoller despois de que se vaian. Dende os seus balcóns poderán gozar dunhas marabillosas vistas da nosa vila e do Viaduto que o preside.
Preto de restaurantes, parques, farmacias, cafeterías e mesmo á beira do Camiño de Santiago.