Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Rematado o asfaltado dos camiños do Valeiro e Traída en Chapela

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, concluíu os traballos de asfaltado nos camiños do Valeiro e Traída, en Chapela. As obras rematáronse nun prazo menor do establecido nun principio, xa que a data prevista era o 15 de abril, e reparáronse dez tramos onde se rexistraban fochancas. Nalgúns destes tramos tamén se canalizaron as augas pluviais. As reparacións fixéronse con asfaltado en quente. Trátase dunha metodoloxía de traballo que é máis longa e laboriosa, pero deste xeito “as reparacións son máis efectivas e duradeiras”, explica Villar.
No día de hoxe e ao longo desta semana realizaranse traballos de mellora na Subida das Pedriñas, Subida á Buraca e Quirincosta, entre outros camiños. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade reparará tamén as fochancas do asfaltado en varios puntos do centro da vila, como a zona de Vilavella, rúas Regojo e Ernestina Otero e a rúa 8 de Marzo, entre outras. Os traballos fanse en colaboración coa Concellería de limpeza viaria, que dirixe Pedro Villaverde, que se encarga da posta a punto e limpeza das beiravías. As obras de reparación, se as condicións meteorolóxicas o permiten, estarán finalizadas antes de que remate este mes.

Compartir