Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.
Cargando Eventos
O_corno

Ciclo do cine Galego: O corno

3 Maio @ 20:00 - 21:30

Unha película de Jaione Camborda protagonizada por Janet Novás e gañadora da Cuncha de Ouro a mellor película e do Goya a mellor actriz revelación. Ambientada na Illa de Arousa dos anos 70, conta a historia de María, mariscadora e parteira que, tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe na que terá que loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. “O corno” é a primeira película galega que gaña no Festival de Cine de Donostia, e a súa directora, Jaione Camborda, é ademais a primeira realizadora española que gaña este premio nos 71 anos de vida do festival.

Comparte

  • Este evento pasou.

Detalles

Data:
3 Maio
Hora:
20:00 - 21:30
Custe:
2€
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
,

Recinto

Auditorio da Xunqueira.
Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800
+ Google Map
Teléfono
986 40 28 65

Compartir