Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Bases Gala Drag Entroido de Verán 2024

O obxetivo deste concurso é a elección do/a Drag do Entroido de Verán 2024 do Concello de Redondela, así como o segundo e terceiro premio, que terá lugar o sábado 24 de agosto de 2024. Poden inscribirse como Drag Queen, Drag King ou de estética andróxina e ambigua.

Poden participar neste concurso todas as persoas que previamente envíen a folla de inscrición oficial, en documento adxunto, xunto co resto da documentación solicitada a: cuItura@redondeIa.gal. O prazo de inscrición será do 30 de Xullo ao 15 de Agosto de 2024.
As persoas que participen na elección da/o Drag do Entroido de Verán 2024 deberán reunir as seguintes condicións e achegar os seguintes datos:
a) Ter dezaoito(18) anos cumpridos antes da celebración do acto.
b) Fotocopia do seu DNI ou pasaporte.
c) A folla de inscrición debe estar cuberta na súa totalidade, coa información correcta e definitiva: participante, nome da fantasía e dos componentes (un máximo de 3) que acompañarán ao participante na coreografía.
d) No momento da inscrición ou cinco días antes da Gala de elección, deberase presentar a base musical que acompañará o desfile do candidato en formato mp3 mediante correo electrónico, cunha calidade mínima de 192Kb e cunha duración máxima de 4 minutos.
O día da competición é obrigatorio levar una copia do tema coa mesma calidade nun PEN que conteña exclusivamente o tema musical co que vai competir.

Compartir