Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Subvencións para gastos correntes aos Centros Culturais Parroquiais para o ano 2024

Estas bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión das subvencións da Concellería de Participación Cidadá para o ano 2024 de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Búscase de acordo co establecido no artigo 9 da Constitución Española facilitar a participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e social para o que resulta imprescindible que os Concellos, como administracións máis próximas á cidadanía, axuden a manter os seus lugares de reunión nas parroquias.

A administración local é coñecedora de que, neste momento de crise económica, o mantemento destes lugares, coñecidos como centros culturais parroquiais, resulta moi difícil debido ao incremento do prezo das enerxías (luz, combustible, etc) e o resto dos gastos admitidos dentro do obxecto desta convocatoria aos que é necesario facer fronte.

Para elo é necesario proceder a establecer os criterios que definen ou caracterizan a un Centro Cultural Parroquial, lugar de encontro e participación que benefician a toda a veciñanza ao levar a cabo distintas actividades nos diversos ámbitos da vida tanto formativos, como culturais, de ocio, etc., así como ser un lugar no que as distintas entidades e/ou asociacións que actúan ou levan a cabo actividades no ámbito territorial da parroquia e celebrar as súas xuntas e asembleas.

Aplicando o principio de igualdade e non discriminación por razón de sexo, vaise a ter en conta a composición das xuntas directivas dos centros culturais parroquias a fin de conseguir que a igualdade entre homes e mulleres sexa real e efectiva no terreo da participación.

Compartir