A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela organiza o Programa municipal de conciliación 2024 – Nadal, coa finalidade de proporcionar un recurso socio comunitario de apoio ás familias que permite e favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, permite integrar e posibilitar ao conxunto da poboación infantil o acceso ao mundo das actividades e o obxecto lúdico e traballa desde unha perspectiva preventiva onde se poden detectar necesidades da poboación infantil.
O servizo prestarase durante os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2024 e 2 e 3 de xaneiro de 2025.
O horario será de 09:00 a 14:00 horas e non poderá ser modificado, salvo causa xustificada e aceptada polo Concello de Redondela.
A poboación destinataria do Programa son menores con idades comprendidas de 3 a 12 anos, incluíndo ás/aos menores que teñan a idade esixida no momento de publicación da convocatoria.
Non caso de menores con necesidades educativas especiais avaliarase cada solicitude de maneira individual.