Concello de Redondela

Celebramos o Día da Poesía co Centro de Día Maiores Activos

Hoxe é 21 de marzo. Un día que dá comezo á estación a primavera e no que se celebra o Día Mundial da Poesía, e tamén o Día Internacional dos Bosques.

Na Biblioteca Xela Arias de Chapela xuntamos todas estas efemérides tan ditosas e convidamos a un grupo de usuarias do Centro de Día Maiores Activos para que gozaran con nós da poesía e do achegamento ficcional á natureza e mais os bosques.

As nosas convidadas demostraron ser extraordinarias lectoras e entusiastas escoitadoras de emocións e palabras.

Foi un pracer contar con elas e compartir con elas a ledicia de escoitar os ritmos, a música e as sensacións dos poemas.

Compartir