Concello de Redondela

Obradoiros de música e baile galegos para escolares polo Día das Letras

O Servizo de Normalización Limgüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, está a realizar obradoiros sobre baile e música galegas nos colexios. Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, Eva Castiñeira, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Con esta elección a Real Academia Galega quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Para dar a coñecer entre a rapazada este patrimonio e o papel das mulleres na música, o Concello organizou obradoiros nos colexios de Cedeira, Igrexa Chapela, Reboreda e no IES Pedro Floriani.

A alcaldesa e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, visitaron o CEIP Cedeira para compartir esta esperiencia cos nenos e nenas.

Compartir