Rexistro de artistas locais - Escultura

Beatriz Ferreiro

Pequena mostra da súa obra:


Beatriz é unha xove escultora redondelá, que usa coma instrumentos de traballo botellas e outros materiais de refugallo que, aparentemente non teñen mais vida, pero que nas súas mans se transforman en obras escultóricas cunha ampla influencia do mundo do mar.
Indalecio Fernandez

Pequena mostra da súa obra:


Indalecio Fernández é un escultor que ten a habilidade de darlle segundas oportunidades ás cousas. Segundas oportunidades que adoitan saír mellor que as primeiras. Recuperando materiais e obxectos creados cunha función inicial, Inda reinventa a súa localización, o seu aspecto e, tamén, a súa finalidade: bastóns de esquí que se converten en lámpadas de pé, bombonas de butano que se converten en cadeiras de brazos, futbolines que se converten en colgadoiros…. Un xogo conceptual que esconde unha evidente habilidade escultórica e de traballo co material.
As esculturas de Inda, ademais, ten dobre finalidade: embelecer o espazo achegando unha nova funcionalidade: alumar, suxeitar, descansar…
Nicolás Ricón Luis

Pequena mostra da súa obra:


Nicolás Ricón Luis é un canteiro especializado en escultura figurativa en pedra, morteros, bronce e sintéticos. Traballou na parte de cantería da restauración da Catedral de Santiago de Compostela.
A materia de traballo habitual de Nicolás Ricón é o granito, pedra tradidicional galega por antonomasia, caracterizada pola súa dureza e dificultade á hora de ser tallada. Sen embargo, isto non supón un problema para Nico, capaz de sacar dos bloques brutos, pliegues, figuras e esculturas de alto nivel artístico e cunha forte impronta da tradición do noso país.
Pilar Fernández Rey

Pequena mostra da súa obra:


Pilar Fernández Rey, titulada en Belas Artes, foi monitora profesional de artes plásticas. Durante moitos anos especializada na función terapéutica que teñen as disciplinas artísticas nas enfermidades mentais grazas ao seu traballo en DOA Vigo.
Tras xubilarse desenvolveu o traballo dende o seu taller base en Cedeira, onde traballou diversas manifestacións artísticas (ver tamén apartado de pintura). A escultura foi unha delas. O traballo escultórico de Pilar xoga mesturando diferentes materiais, diferentes texturas e, sobre todo, experimentando cos distintos cromatismos, mesmo dentro da escultura. Foi unha ceramista innovadora en técnicas, sempre formándose para conseguir xuntar diferentes procedementos multiculturais. A amplísima obra que deixou custódiana as súas fillas, organizando exposicións ou vendendo as súas obras post mortem.
Valentina Todanés

Pequena mostra da súa obra:


Artista creativa, Valentina Todanes (Valentina Garcìa Abalo) e polifacética (ver tamén apartado de pintura), especialízase no traballo da madeira: capaz de manexar o material natural ata extraer del, dun xeito artesanal, tanto formas figurativas coma abstractas, tanto texturas suaves coma rugosas, para representar ideas, transmitir mensaxes mais aló da materia.