Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Deportes

A área de Deportes do Concello de Redondela ofrece a posibilidade de realizar as reservas de pistas de tenis e pádel, a través de Internet mediante o servizo de reservas en liña. A través desta páxina terás dispoñibilidade da nosa axenda para que poidas solicitar reserva previa comodamente sen esperas e 24 horas ao día e 7 días á semana.

Para darte de alta no sistema, achégate ao Departamento de Deportes do Concello.

Lei 3/2012, do 2 de Abril, do deporte de Galicia

Contacta

O Concello de Redondela acolleu onte a recepción á xogadora de balonmán Carla Rivas Garrido. A deportista, que milita nas filas no Sporting La Rioja, conseguiu esta temporada co seu club o ascenso á máxima categoría do balonmán estatal. Xogadora da SAR nas categorías inferiores, pasou polo BM Porriño, co que tamén acadara o ascenso á División de Honra Feminina. A próxima será a súa oitava temporada en Logroño. Aproveitando os escasos días de vacacións dos que dispón a deportista na súa terra natal, este mediodía celebrouse este acto de homenaxe.

A xogadora, de 32 anos, recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con mulleres deportistas “no máis alto nivel do balonmán nacional” e desexoulle a Carla “toda a sorte para a próxima temporada”.

Rivas Garrido amosouse “moi contenta” por este recoñecemento por parte do Concello de Redondela, porque “é moi bonito ver que tamén se acordan dos deportistas que estamos fóra, xa que é duro estar tan lonxe da casa e da familia”. Afirmou tamén estar “moi orgullosa” de levar o nome de Redondela polos pavillóns de toda España e lembrou que o seu alcume deportivo “Choco”, fai referencia precisamente ás súas orixes redondelás. No plano deportivo confía en que, unha vez acadado o obxectivo do ascenso, o Sporting La Rioja poidan consolidarse na categoría da “Liga Guerreras” a próxima temporada. Recoñece que será complicado “polo alto nivel da competición” pero sinala que “con traballo e sacrificio todo é posible”.

En total 25 traiñeiras e uns 450 remeiros e remeiras daranse cita en augas de Arealonga na IX Bandeira Feminina Concello de Redondela da Liga F e a V Bandeira Chapela Concello de Redondela da Liga A, organizadas polo Club de Remo Chapela coa colaboración do Concello, ás que hai que engadir a II Bandeira Chapela Wofco da Liga B.

-Redondela é o único municipio de Galicia que conta con representación en todas as categorías da liga Galega de Traiñeiras, e o que conta con máis embarcacións, cun total de 5 traiñeiras entre os clubs de Chapela e Cesantes.

-A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que “é un privilexio contar con todos os clubs de Galicia no paseo de Cardona, e como xa aconteceu na pasada temporada seguro que será todo un espectáculo”.

O paseo de Cardona, en Chapela, recibe este sábado a todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras: a LGT-A, a LGT-B e a LGT Feminina. En total 25 traiñeiras e uns 450 remeiros e remeiras daranse cita en augas de Arealonga. Onte celebrouse a presentación da IX Bandeira Feminina Concello de Redondela da Liga F e a V Bandeira Chapela Concello de Redondela da Liga A, organizadas polo Club de Remo Chapela coa colaboración do Concello, ás que hai que engadir a II Bandeira Chapela Wofco da Liga B. A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que “é un privilexio contar con todos os clubs de Galicia no paseo de Cardona, e como xa aconteceu na pasada temporada seguro que será todo un espectáculo”, sinala a rexedora. Chapela converterase así na capital do remo galego este sábado, despois de que a fin de semana pasada fose o club de Cesantes o encargado de organizar as probas da LGT-A e a LGT-F en augas da enseada de San Simón. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, salientou tamén que Redondela é “o único municipio de Galicia que compite en todas as categorías da liga Galega de Traiñeiras, e o que conta con máis embarcacións, cun total de 5 traiñeiras entre os clubs de Chapela e Cesantes, entre elas con dous barcos da liga feminina”. O presidente do CR Chapela, Antonio Viaño, explicou que esta tripla cita do sábado día 13 será un feito “excepcional” durante a presente competición, que só se repetirá no fin de Liga na Coruña co Trofeo Herrera e os playoff que organiza a Federación. O club de Chapela participa nas tres ligas logo de inscribirse na LGT-B cun segundo barco “para dar saída aos rapaces máis novos que non teñen sitio na traiñeira da LGT-A”.

A competición comezará ás 16.30 horas coa regata da LGT-B na que participarán CR Puebla, CR Cedeira, CM Bueu-Simei, CRN Riveira, CR Salgado-Perillo e os anfitrións do CR Chapela-Wofco. Ás 17.00 comezará a IX Bandeira Feminina Concello de Redondela da LGT-F coas anfitrioas do CR Chapela-Wofco que lideran a liga seguidas da outra embarcación local, do CCD Cesantes-Amegrove-Cefycal, máis os barcos de CR Rianxo, CR Cabo da Cruz, Mugardos, A Cabana Ferrol, CM Castropol e CR Salgado-Perillo. A última das probas será ás 17.30 coa V Bandeira Chapela Concello de Redondela da LGT-A na que participan CR Ares, SD Tirán-Pereira, CM Castropol, CR Rianxo, SD Samertolameu-Oversea, CR Urme, CR Mecos, CR Narón, CR Cabo da Cruz, Mugardos-A Cabana Ferrol e as traiñeiras locais do CCD Cesantes-Rodavigo e a anfitrioa CR Chapela-Wofco.

Os participantes nas tres probas farán fronte a un percorrido de tres millas náuticas, algo máis de 5.550 metros, con catro longos. Entre as tres bandeiras repartiranse 19.000 euros en premios, correspondendo 4.000 á II Bandeira Chapela Wofco da Liga B, 6.000 na IX Bandeira Feminina Concello de Redondela da Liga F e 9.000 na V Bandeira Chapela Concello de Redondela da Liga A.

Xa non queda nada para arrincar na praia de Cesantes o evento máis esperado da tempada de kitesurf en Galicia. Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a sétima edición do KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia, unha cita ineludible que reúne cada ano a todos os afeccionados deste deporte en augas da ría de Vigo. O evento presentouse este venres na praia de Cesantes nun acto que estivo presidido por Rita Pérez, tenente de alcaldesa de Redondela, e Ricardo González, presidente do TMKiteClub, como organizadores da proba. Estiveron acompañados por Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo; M.ª Sandra Bastos, deputada de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Pontevedra; Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; Iván Valles, concelleiro de deportes de Redondela; e José Miguel Martín, Director de Oficina de ABANCA en Redondela. O presidente do club organizador foi o encargado de abrir o acto agradecendo “o apoio de todas as institucións involucradas no evento, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Redondela e a Real Federación Galega de Vela así como ABANCA e Aceites Abril, xa que sen todos eles isto non sería posible”. “Este ano volvemos contar con competición en formato regata para as tres divisións de Kitesurf :Twintip, Surf e Kite Foil- e tamén Wingfoil, así como competición de trucos e Big Air. Só nos queda esperar que o vento nos acompañe e por suposto esperamos que a xente o goce ao máximo como todos os anos”, engadiu González. A delegada territorial da Xunta, pola súa banda, afirmou durante a súa intervención que “a organización fai un excelente traballo neste evento e as edicións xa as imos contando por éxitos, polo que estou convencida de que esta sétima edición será outro éxito máis”.

Rita Pérez foi a encargada de pechar o acto e fíxoo confirmando que “para min, como cesantina que son, é un orgullo que se celebre este festival ano tras ano. A xente vai gozar da nosa costa e a nosa gastronomía, o que sen dúbida é un impulso turístico moi importante e para o Concello de Redondela este é un evento que debe perdurar no tempo, polo que debo dar as grazas ao presidente do TMKiteClub xa que sen eles isto non sería posible. Esperemos que o próximo fin de semana a praia se encha de riders e de toda a xente que queira vir gozar do evento”.

Do mesmo xeito que nas últimas edicións, a cita recibirá este ano a riders non só de toda a xeografía galega, senón tamén de Andalucía, Cataluña, País Vasco e Portugal, mostra de que o KiteFest xa se converteu en todo un referente para os amantes deste deporte. O festival arrincará oficialmente o venres, día 5 de xullo, coa formalización de inscricións, proba de material de test das marcas colaboradoras e a disputa dunha proba de substitucións na enseada de San Simón. Se o vento o permite, o sábado botaranse á auga todos os participantes das categorías Kite Foil, Twintip, Surf, e Wingfoil de forma graduada para disputar desde a mañá as primeiras probas de formato regata. No caso de que as condicións fosen de vento térmico de dirección oeste-suroeste, as probas completaríanse en dúas quendas facendo un parón ao redor das 15:30 horas con motivo da celebración dunha proba de traiñeiras na enseada. Xa o domingo, a frota volverá á acción para disputar as últimas mangas, que definirán o podio de cada unha das categorías participantes. Pola súa banda a competición de Freestyle e Big Air, que reúne cada ano a un multitudinario público na praia para gozar do espectáculo de saltos e manobras dos aspirantes á vitoria, poderá disputarse o sábado ou o domingo en función das condicións de vento, e é que a unha semana do evento a organización aínda está pendente da evolución dos partes para terminar de definir a axenda do evento. O VII KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia está organizado polo TMKiteClub e o Concello de Redondela co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, ABANCA, Aceites Abril e as marcas do sector Eleveight Kites e RRD.

Xullo 2024
Xul 26
26 Xullo 2024
Pista da Xunqueira,Paseo da Xunqueira s/n
Redondela,Pontevedra36800España

Deportes

Non se atoparon descargas!

    De interese...

    INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

    ESPAZOS ABERTOS

    RESERVA DE PISTAS

    SUBVENCIÓNS

    Concello de Redondela, a través do seu Concellería de Deportes,, nos termos que dispón a presente lei, a lexislación de réxime local e a lexislación sectorial do Estado, exercerá no seu correspondente ámbito territorial as seguintes competencias:

    Fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar.

    1. Promover e, no seu caso, executar, no ámbito da súa competencia, os programas xerais do deporte, mediante a coordinación coa Administración autonómica, así como coa colaboración con outros entes locais, federacións deportivas galegas ou outras asociacións deportivas.
    2. Construír, xestionar, ampliar e manter as instalacións deportivas de titularidade municipal e, no seu caso, a xestión e mantemento das de titularidade autonómica cuxo uso e xestión sexanlles cedidos, tendo en conta a cualificación adecuada do persoal responsable para esas finalidades.
    3. Velar pola plena utilización das instalacións deportivas da súa titularidade, procurar a participación das asociacións deportivas do seu ámbito municipal na optimización do uso destas e coidar as súas condicións de hixiene e seguridade.
    4. Fomentar e apoiar a creación de asociacións deportivas no seu ámbito territorial, especialmente nos centros de ensino, barrios e centros de traballo.
    5. Procurar que nos plans de ordenación urbanística establézanse as reservas de espazos e cualificacións de zonas para a práctica do deporte, así como a instalación de equipamentos deportivos e levar un censo actualizado no seu ámbito territorial de instalacións deportivas de uso público, tanto de titularidade pública como privada.
    6. Autorizar, de conformidade cos requisitos xerais, a realización de actividades deportivas fose das instalacións deportivas e en patrimonio público municipal.
      Organizar campionatos e eventos deportivos de carácter local.
    7. Calquera outra actuación que redunde en beneficio do desenvolvemento deportivo local ou que lles poida ser atribuída legal ou regulamentariamente e que contribúa aos fins ou obxectivos da presente lei.
    8. Contará cunha área de deportes, que poderá ser mancomunada, para contribuír a levar a actividade físico-deportiva a toda a cidadanía e garantir o pleno aproveitamento social das instalacións.

    Compartir