Concello de Redondela

Xuventude

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é un servizo posto a túa disposición pola Concellería de Xuventude do teu Concello onde podes atopar toda a información que a miúdo necesitas e que non sabes ónde buscar.

  • Ensino : Bacharelato, Ciclos Formativos, Universidade, ensino non formal.
  • Becas, Cursos, Jornadas, …
  • Oferta de empleo público y privado, autoempleo, …
  • Subvencións pola compra de vivenda, alugueiro...
  • Formación no estranxeiro.
  • Campamentos, Campos de Trabajo, Voluntariado, …
  • Ocio, Tiempo Libre, Viajes …
  • Sexualidade, prevención de Riscos.
  • Saúde, drogas, alcohol, hábitos alimenticios.

As túas dubidas terán unha resposta.

Contacta

Alfombristas, mocidade e voluntarios de todas as idades están a participar na elaboración dun gran mural na superficie da rúa peonil Padre Sarmiento. O Concello de Redondela puxo en marcha esta iniciativa para dar unha nova vida a esta rúa e render homenaxe ás tradicións do municipio. Os viadutos, as alfombras florais, a Coca e os xigantes son algúns dos protagonistas desta creación, que foi encargada á artista local Paula Amoedo.
A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira Iria Vilaboa comprobaron esta tarde a evolución dos traballos desta alfombra-mural “de gran a creatividade e beleza”. Tanto Rivas como Vilaboa destacaron que se trata dun traballo no que participan moitas persoas, “son voluntarios e voluntarias de todas as idades que se sumaron a esta iniciativa para crear unha obra colectiva e interxeracional”.
A intervención artística está a realizarse nesta céntrica rúa peonil que conta cunha lonxitude duns 50 metros. Esta actuación vai na liña doutras políticas postas en marcha desde o goberno local para unha mobilidade sostible. O obxectivo é recuperar espazos públicos para a cidadanía e crear unha vila máis amable para os peóns dándolles prioridade nos lugares onde é posible.

– Mozos e mozas de entre 9 e 17 anos están a participar nos campamentos “Aventuras Dixitais” organizados pola concellería de Novas Tecnoloxías. A experiencia está a resultar un éxito entre a rapazada que pode divertirse ao tempo que aprenden programación, robótica, ciberseguridade ou manexo de drons. A alcaldesa animounos a achegar as súas propostas para realizar futuras actividades no eido das novas tecnoloxías.

Ao longo do verán diferentes grupos de mozos e mozas están a mergullarse no mundo das novas tecnoloxías a través dos campamentos “Aventuras Dixitais” organizados polo Concello de Redondela. Os participantes, ademais de utilizar computadores e tabletas, tamén aprenden a empregar impresoras 3D, kits de robótica ou a facer programación, ademais de recibir formación teórica e práctica sobre ciberseguridade e IA, entre outros temas. A experiencia está a resultar un éxito entre a rapazada, que disfruta “xogando e aprendendo”.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, visitaron esta mañá á aula CEMIT de Redondela onde se imparten estes campamentos de xeito gratuíto. Os participantes compartiron cos responsables municipais as súas experiencias e amosaron os robots que están a programar. A alcaldesa animounos a achegar as súas propostas e suxestións de cara a realizar futuras actividades dirixidas á mocidade no eido das novas tecnoloxías.

Os cursos, que se realizan ao longo de todo o mes de agosto, continuarán na primeira semana de setembro. A actividade está financiada polo Ministerio de Juventud e Infancia a través dos fondos da Unión Europea.

 

– As concellerías de Xuventude e Cultura celebran este verán un campus dirixido á rapazada de 12 a 16 anos que está a ser todo un éxito entre a mocidade. Ofrece actividades de fotografía e vídeo, Intelixencia Artificial e pintura mural. Os participantes na actividade de pintura decoran o lateral do campo de fútbol de Santa Mariña cun mural que recolle imaxes deportivas.

O Concello de Redondela puxo en marcha este verán o novo programa “Campus Xuventude” dirixido á mocidade. A rapazada de entre 12 e 16 anos conta con actividades como edición de fotografía e vídeo, intelixencia artificial e pintura mural que están a ter moito éxito. O campus, organizado polas concellerías de Xuventude e Cultura, é totalmente gratuíto e está a deixar “pegada” nas instalacións municipais. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira Iria Vilaboa visitaron aos participantes no campus de pintura mural que están a decorar o lateral do campo de fútbol de Santa Mariña. Coas indicacións e a axuda da súa mestra, a artista local Paula Amoedo, a rapazada decorou o muro con imaxes deportivas “cun resultado espléndido”, destacou Rivas. Para moitos participantes esta é a súa primeira experiencia no mundo do graffiti, e amosáronse “moi contentos e motivados coa actividade”. A alcaldesa animounos a seguir formándose nesta especialidade artística e propúxolles decorar outros espazos públicos en vindeiras edicións do campus.

Xuventude

No downloads found!

    Cidades Amigas da Infancia

    Carné Xoven

    Unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.Destinado a mozas e mozos entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (sen superar os 30 anos).

    Cubrir un impreso de solicitude e o de pagamento de taxas. Aboar 6€ en calquera banco ou caixa. co impreso das taxas

    Códigos para o impreso de pagamento: Consellería de Traballo e Benestar (14), Delegación de Pontevedra (40), Servizo de xuventude e Voluntariado (03) Taxa (Carné Xove): Código (36.31.01) Suxeito pasivo (datos da/o moza/o solicitante) Importe a ingresar 6€.

    Xuventude Redondela, Multiusos da Xunqueira , pranta baixo. Paseo da Xunqueira s/n ,Redondela Servizo de Xuventude e Voluntariado. Delegación territorial de Vigo.Rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo Oficinas municipais de información xuvenil de calquera concello

    Facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Abrangue todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. O carné está homologado en todo o territorio nacional e países europeos adheridos a este programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

    Busca tendas ou servizos que acepten o Carné Xove e que estean preto de tí. Localizaos, chamaos por teléfono ou diríxete alí sabendo que promoción teñen para tí. Cando saian novas ofertas relacionadas co Carné Xove recibirás unha alerta no teu dispositivo sen ter que consultar todos os días a páxina de Xuventude da Xunta de Galicia.

    Cómo facer un Carné Xove e como sacarlle máis partido

    Todo nunha soa aplicación Xuventude Tarxeta Virtual.

    Establecementos adheridos

    Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.

    Pode consultar os establecementos aquí.

    Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo. Non esquezas que todos os descontos que figuran non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta. As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné poden solicitar a presentación do DNI.

    Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).

    Compartir