Unha nova sesión de Contos da Veciñanza xuntou a unha manchea de nenos, nenas e persoas adultas, que non se quixeron perder a contada que nos traían catro afoutas veciñas, dispostas a todo para transmitir os contos e a narración oral máis aló do cabeceiro da cama.
As nosas divertidísimas contadoras foron:
- Rebeca, acompañada da pequena Noela, que nos contaron «O ladrón de follas», de Alice Hemming.
- Sonia, coa inestimable axuda de Xela, que nos contaron «Os petos de Loreto» de Quentin Blake.
Dous contos en galego que divertiron e inspiraron a veciños, veciñas e público achegado á biblioteca, que se alonxaron do parque por un bo rato para gozar desta experiencia narrativa colectiva.
Ao rematar, realizamos un traballo manual con papel para representar a un dos animais protagonistas dos contos narrados: o esquío.
Quedaron chulísimos!
Este ano a Biblioteca Xela Arias celebra o seu 20 aniversario, e quere facelo fortalecendo o seu vencello coas persoas usuarias.
Grazas á veciñanza por acompañarnos e formar parte das nosas vivencias!