Onte en Chapela a Biblioteca Xela Arias volveu gozar dunha mañá de lecturas de contos e mais de poesías, que pudo compartir coas persoas usuarias do taller de estimulación cognitiva de Afaga.
Desta vez visitounos o grupo que organiza Afaga en Redondela, e deunos moita alegría saber porque para eles era a primeira vez que visitaban a nosa biblioteca.
Anteriormente xa nos visitara o grupo de Afaga de Chapela, co que realizaramos unha actividade arredor do Día das Letras Galegas.
O obxectivo destas visitas grupais é achegar os servizos da biblioteca a grupos de poboación con necesidades específicas, axeitando os nosos contidos e recursos ás mesmas. Desde as bibliotecas queremos proporcionar a estas persoas acceso á cultura e a un ocio de calidade, reducindo as desigualdades e contribuíndo ao coidado da súa saúde e benestar.