– Centros educativos, centros de maiores e asociacións de Redondela propoñen diferentes lemas para a campaña do Concello de Redondela neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, anima á veciñanza a participar na enquisa publicada na web e na app do Concello para escoller a frase desta campaña.
A concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, convidou aos centros educativos, centros de maiores e asociacións de Redondela a propoñer lemas para a campaña do Concello neste 8 de marzo. Vilaboa explica que o obxectivo é “que os colectivos e a sociedade en xeral sexan protagonistas nesta campaña e poidan escoller o lema para este ano”. A enquisa está dispoñible na páxina web e na app do Concello de Redondela coas seguintes propostas:
CEIP Quintela: «O poder de cada muller transforma o mundo»
CEP Santa Mariña: «Muller tiñas que ser, sempre é un cumprido»
CEIP Alexandre Bóveda: «A igualdade non é unha bonita palabra, é unha necesidade»
Centro Cultural Trasmañó: «Xa non sei o que é ser libre. Por fin darei un paso adiante»
Asociación Lenda: «Nin gratis, nin invisibles»
Asociación Cultural Chapela: «Somos o grito das que NON teñen voz»
Centro Cultural A Miñoteira (Ventosela): «Soa, co meu esforzo, son quen de conseguilo»
Centro de Día Os Cortizos (Redondela): «Somos a semente do cambio»
Centro de Día Os Cortizos (Chapela): «Camiñando xuntas»
Centro de Día Arela: «As mulleres loitadoras«
C. A. Persoas Maiores Cesantes: «Somos grandes en Igualdade!»
Asociación de Veciños de Chapela: «Igualdade real, non só legal»
As persoas que o desexen, e estean empadroadas en Redondela, poden votar a través do seguinte enlace ata o domingo ás 12 da noite:
https://app.redondela.gal/TarjetaCiudadanaRedondela/participacion-ciudadana/encuestas