Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A illa de San Simón acolle a xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista”

– O Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega organizan esta actividade que se celebra o 4 de outubro na illa. Participan profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións de Galicia, Cataluña e Navarra. A actividade é gratuíta con inscrición previa, as prazas son limitadas.

Nun espazo memorial tan simbólico como é a illa de San Simón, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela axuntan profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións e puntos de Galicia, así como de Cataluña e Navarra, para debater os aspectos máis prácticos da xestión da memoria, partindo de experiencias concretas e comparativas. A xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” celebrarase o 4 de outubro e propón reflexionar sobre uso destes lugares e conseguir que sigan vivos na lembranza, como homenaxe ás vítimas e fonte de aprendizaxe para a convivencia democrática no presente e no futuro.

Participarán Xosé M. Núñez Seixas, do Consello da Cultura Galega, Emilio Grandío Seoane, da Universidade de Santiago de Compostela, José Miguel Gastón, do Instituto Navarro de la Memoria e Queralt Solé, da Universitat de Barcelona. Pola tarde celebrarase unha mesa redonda na que intervirán a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con Manuel Pérez Lorenzo (Pazo de Meirás), Xosé Manuel Suárez (Castelo de San Filipe, Ferrol) e Cristina Fiaño (Exposición O Vello Cárcere, Lugo). Actuará como moderadora Montse Fajardo.

A actividade é gratuíta con inscrición previa, as prazas son limitadas. Máis información e inscricións na páxina web do Consello da Cultura Galega.

Compartir