Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Ciclo de teatro infantil: Como perdeu palabras

Auditorio da Xunqueira. Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadio son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou […]

3€

A disparatada historia do teatro

Auditorio da Xunqueira. Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

Unha obra orixinal e divertida na que repasarán a historia da dramaturxia desde o comezo da humanidade ata os nosos días, por O grupo xuvenil del Aula de Teatro Municipal.

Free

A escaleira

Auditorio da Xunqueira. Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

Trátase dun traballo orixinal creado tamén polo propio grupo da aula de teatro no que reivindican “a necesidade de declararnos vulnerables”. A mensaxe desa obra quere “identificarse co espectador” a través de diferentes escenas nas que actrices e actores rachan cos estereotipos. Grupo de Adultos del Aula de Teatro Municipal

Free

Ciclo do cine Galego: Sica

Auditorio da Xunqueira. Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

Dirixida por Carla Subirana e protagonizada por Thais García e Nuria Prims. Conta a historia de Sica, unha adolescente de 14 anos que está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. […]

2€

Festas da Coca 2024

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. A concellería de Cultura ofrece unha ampla programación con cinco días de festexos onde as tradicional danza das Espadas e as Penlas serán as protagonistas xunto […]

Festas da Coca 2024 – CONCERTOS

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. O mércores os concertos correrán a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela e o grupo América de Vigo. O xoves, festividade da Coca en Redondela, […]

Espectáculo teatral sobre a vida e a obra Luísa Villalta

Alameda de Rosalía de Castro (Chapela)

Seguimos coas actividades arredor de Luísa Villalta, a protagonita do Día das Letras Galegas 2024. Desta volta cunha actividade organizada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela. O xoves 6 de xuño, ás 18h, na Alameda Rosalía de Castro de Chapela, teremos un espectáculo teatral para coñecer a vida e a obra desta […]

Arte e xogo para todos e todas

Multiusos da Xunqueira Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra, España

Taller de actividades creativas de libre expresión para a infancia. Información e inscrición previa: 617340323

Ciclo do cine Galego: As bestas

Auditorio da Xunqueira. Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

A cinta de Rodrigo Sorogoyen relata a historia de Antoine e Olga, unha parella francesa que se instalada nunha aldea do interior de Galicia. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea até alcanzar un punto de non retorno. O filme conta no seu reparto con Marine Foïs, […]

2€

Ciclo do cine Galego: Os días afogados

Auditorio da Xunqueira. Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

O ciclo pecharase co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés. O traballo recolle a construción do encoro de Lindoso (Portugal), que en 1992 alagou para sempre as aldeas ourensás de Aceredo e Buscalque. Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que […]

2€

Compartir