Os Maios é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia dende moi antigo. Con ela quérese conmemorar a chegada da primavera e o remate do cru inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas. Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas […]
A Biblioteca Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e mais o Coro de Voces Graves de Vigo, comprácese en ter un encontro co músico malgaxe Kilema. No día previo ao concerto que dará no auditorio do Multiúsos de Chapela (sábado 4 de maio, ás 19:00 h., da man da Coral […]
Unha película de Jaione Camborda protagonizada por Janet Novás e gañadora da Cuncha de Ouro a mellor película e do Goya a mellor actriz revelación. Ambientada na Illa de Arousa dos anos 70, conta a historia de María, mariscadora e parteira que, tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe […]
Unha obra orixinal e divertida na que repasarán a historia da dramaturxia desde o comezo da humanidade ata os nosos días, por O grupo xuvenil del Aula de Teatro Municipal.
Trátase dun traballo orixinal creado tamén polo propio grupo da aula de teatro no que reivindican “a necesidade de declararnos vulnerables”. A mensaxe desa obra quere “identificarse co espectador” a través de diferentes escenas nas que actrices e actores rachan cos estereotipos. Grupo de Adultos del Aula de Teatro Municipal
Festa de interese turístico de Galicia É tradición en Redondela celebrar na primeira quincena de maio a Festa do Choco, celebración gastronómica de exaltación deste produto tan típico do municipio (os redondeláns eran coñecidos como choqueiros). Comezou no ano 1987. Estes chocos son capturados polos mariñeiros do lugar, sobre todo durante a primavera, que […]
Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. A concellería de Cultura ofrece unha ampla programación con cinco días de festexos onde as tradicional danza das Espadas e as Penlas serán as protagonistas xunto […]
Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. O mércores os concertos correrán a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela e o grupo América de Vigo. O xoves, festividade da Coca en Redondela, […]
Queres desfrutar dun espectáculo ao aire libre? Non esquezas traer os teus patíns, ao final do día poderás unirte a@s patinador@s na pista.