Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Aparcadoiro de balde no Nadal para o comercio en Redondel e Chapela

Redondela impulsa as compras locais co parking gratuito durante o nadal. O Concello de Redondela fomenta as compras locais facilitando tickets de parking gratuitos en tódolos comercios do municipio, incluído o mercado que continuará coa mesma promoción que leva ofrecendo nos últimos meses.

O Concello de Redondela promove o mercado minorista e de proximidade na vila a través do intercambio de tickets de compra locais por horas de aparcamento gratuito no Parking da Xunqueira.

Por cada 30 euros de compras en tendas minoristas de Redondela, o cliente recibe unha hora de parking de balde. O proceso de cambio é moi sinxelo: sumando o importe correspondete, sen importar canto gastes en cada comercio, recibes unha hora de aparcamento gratuito. O cambio realízase no Multiusos da Xunqueira.

“Esta iniciativa fue muy demandada por los comerciantes de Redondela para impulsar las compras en el pequeño comercio, pero además también es una forma de facilitar a la vecindad las compras en la navidad, fechas de mucho movimiento y en el que precisas el coche”, explica la alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
“Esta iniciativa foi moi demandada polos comerciantes de Redondela para impulsar as compras no pequeno comercio, pero ademais tamén é unha forma de facilitar á veciñanza as compras no nadal, datas de moito movemento e no que precisas o coche”, explica a acaldesa de Redondela, Digna Rivas. A Praza de Abastos de Redondela continuará coa promoción que leva meses posta en marcha para impulsar as compras no mercado. “Os praceiros e praceiras mostraron o seu interese por continuar co intercambio de tickets de compra por horas de aparcamento. Leva sendo un éxito nos últimos meses e o concello comprometeuse a ampliar a oferta durante as datas de nadal”, engade Rivas.

Por cada dous tickets de compra dalgún dos postos do mercado, o cliente recibe unha hora de aparcamento de balde no Parking da Xunqueira, sen importar que sexan da mesma tenda. Neste caso o intercambio dos tickets faise na propia cafetería do mercado, para facilitar o movemento dun espazo moi concorrido do municipio.

A rexidora local quixo salientar a importancia dun comercio local e unhas prazas de abastos –Redondela e Chapela– “que teñen capacidade dabondo para ofrecernos todo o que precisemos para este Nadal”.

Compartir