A película ‘Apocalipsis Z’ estrearase este próximo 31 de outubro .
Está baseada nunha trepidante historia do autor Manel Loureiro que ten a Pontevedra e Vigo como principais escearios.
Hai algúns anos, nos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela lemos o primeiro título da triloxía; e non só iso, na reunión posterior á lectura tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Manel Loureiro que nos relatou incontables anécdotas ao redor da creación desta historia que vos recomendamos vivamente.
Nesta ligazón, no antigo blog das bibliotecas, podédesvos achegar a un resumo do encontro e a unha variada selección de divertidas fotografías. Que recordos!
- Na fotografía, o autor acompañado de Alexia D´Dotras, coordinadora dos clubs naqueles anos, e dunha «zombie» moi coñecida.