Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Deportes

A área de Deportes do Concello de Redondela ofrece a posibilidade de realizar as reservas de pistas de tenis e pádel, a través de Internet mediante o servizo de reservas en liña. A través desta páxina terás dispoñibilidade da nosa axenda para que poidas solicitar reserva previa comodamente sen esperas e 24 horas ao día e 7 días á semana.

Para darte de alta no sistema, achégate ao Departamento de Deportes do Concello.

Lei 3/2012, do 2 de Abril, do deporte de Galicia

Contacta

O vindeiro sábado 22 de xuño daranse cita no pavillón da Marisma máis de 50 esgrimistas no VI Torneo de Esgrima Histórica Vila de Redondela, que organizan a Sala Viguesa de Esgrima e a concellaría de Deportes do Concello de Redondela.

Desde a organización confían en que esta edición sexa todo un éxito, como xa o foi a anterior, tanto para os participantes como para o numeroso público que asistiu durante todo o día. Damián Troncoso, director técnico da Sala Viguesa de Esgrima Antiga, explica que ano tras ano “o evento aumenta o seu poder de convocatoria e xa hai inscritos tiradores de todas partes de España e Portugal con máis de 50 participantes”. Isto é debido a que o Torneo Vila de Redondela é puntuable para a liga Galega e os seus resultados clasifican aos participantes para o ranking mundial de HEMA, “polo que esta cita de Redondela é xa un referente da esgrima histórica a nivel nacional”.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, sinala que este torneo “é unha ocasión única para poder gozar de combates medievais e renacentistas desta arte marcial europea, que ofrece un espectáculo moi visual e entretido”. O edil anima a veciñanza a achegarse ao pavillón para presenciar o torneo “porque os que xa coñecen esta modalidade deportiva van asistir a un evento de gran nivel, e os que a vexan por primeira seguro que se van sorprender”.

O torneo celebrarase nas tres disciplinas principais das Artes Marciais Históricas Europeas: a espada medieval e o escudo broquel, a espada ropera dos séculos XVI e XVII e, xa pola tarde, a espada longa a dúas mans dos cabaleiros de armadura completa.

A entrada é libre e gratuíta, e as competicións desenvolveranse entre as 10.00 e as 19.00 horas no pavillón municipal da Marisma.

Programación:

10:00 – Torneo de Espada medieval e escudo Broquel

12:00 – Torneo Espada Ropera

16:00 – Torneo de Espada Longa a dúas mans

19:00 – Entrega de Trofeos

Os pavillóns municipais de Redondela e a Marisma acollen esta fin de semana encontros de balonmán ao máis alto nivel. Desde o venres e ata o domingo disputaranse o sector nacional na categoría cadete feminino, a Final 4 Alevín 7 e as finais sénior da Copa Federación.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, participaron este mediodía na presentación das actividades xunto a Nazario Correa, da empresa patrocinadora Rodavigo, Aurelio Krook, presidente da SAR, e Carla Abad, Vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán. Rivas salientou “o orgullo que supón que Redondela sexa a capital galega do balonmán esta fin de semana”, e agradeceu á Federación ter apostado por esta vila para facelo posible. A alcaldesa eloxiou o traballo da SAR, “tanto cos equipos sénior como especialmente coa base” así como o apoio de Rodavigo “comprometido sempre co deporte local”.

A competición comezará mañá venres ás 18:30 horas no pavillón municipal, coñecido como a Bomboneira, co arranque do sector nacional cadete feminino. O Balonmano Sanse (Madrid) enfrontarase ao Caivel Aula Cultural (Valladolid), e ás 20:30 horas as locais da SAR Rodavigo mediranse ao EDM Aceuchal (Extremadura).

O sábado durante toda a mañá e nos dous pavillóns celebrarase a Final 4 Alevín 7, que se dividirá nas categorías Ouro e Prata. Na categoría Ouro, os equipos BM Culleredo Ascor Consulting, Áreas Psicoloxía Luceros, Valinox Novás A e BM Abegondo Súmate competirán polo título. Mentres tanto, na categoría Prata, os equipos Balonmán Porriño «B», Balonmán Porriño «A», Cisne Óptica Miramaruxa e Academia EIS Balonmán Tui loitarán por levar o trofeo.

Pola tarde, o Pavillón Municipal da Marisma será o escenario das finais sénior da Copa Federación. Ás 16:00 horas a final de 2ª Autonómica Masculina enfrontará aos equipos BM Línea21 Lignum Plus e Club Balonmán Miño. Ás 18:00 horas, a final de Autonómica Feminina verá competir ao A.D. Carballal contra o Balonmán Reconquista de Vigo.

A xornada de sábado concluirá coa final de 1ª Autonómica Masculina, que se celebrará no pavillón municipal da Bomboneira ás 20:00 horas, unha vez rematada a segunda xornada do sector estatal cadete feminino. Neste enfrontamento, a SAR OP Mobility medirase ao Magope – Seis do Nadal.

O domingo ás 12:00 horas na Bomboneira, a SAR Rodavigo enfrontarase ao equipo vallisoletano Caivel Aula Cultural para poñer fin ao sector estatal no que os catro equipos loitarán por clasificarse para o Top 8 nacional.

Motivados polas áreas de igualdade e deportes os clubs aportaron lemas para responder a pregunta que dá nome a esta proposta, co fin de visibilizar a visión da nosa mocidade sobre as desigualdades presentes no deporte e lembrar, día a día, a importancia de continuar coa loita contra calquer tipo de violencia.

Os dous lemas máis votados serán instalados nos pavillóns de A Bombonera e A Marisma a vindeira semana.

Estade atent@s!!

Pódense consultar os resultados da enquisa facendo click aquí.

Aínda non hai eventos para as próximas datas

Deportes

Non se atoparon descargas!

    De interese...

    INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

    ESPAZOS ABERTOS

    RESERVA DE PISTAS

    SUBVENCIÓNS

    Concello de Redondela, a través do seu Concellería de Deportes,, nos termos que dispón a presente lei, a lexislación de réxime local e a lexislación sectorial do Estado, exercerá no seu correspondente ámbito territorial as seguintes competencias:

    Fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar.

    1. Promover e, no seu caso, executar, no ámbito da súa competencia, os programas xerais do deporte, mediante a coordinación coa Administración autonómica, así como coa colaboración con outros entes locais, federacións deportivas galegas ou outras asociacións deportivas.
    2. Construír, xestionar, ampliar e manter as instalacións deportivas de titularidade municipal e, no seu caso, a xestión e mantemento das de titularidade autonómica cuxo uso e xestión sexanlles cedidos, tendo en conta a cualificación adecuada do persoal responsable para esas finalidades.
    3. Velar pola plena utilización das instalacións deportivas da súa titularidade, procurar a participación das asociacións deportivas do seu ámbito municipal na optimización do uso destas e coidar as súas condicións de hixiene e seguridade.
    4. Fomentar e apoiar a creación de asociacións deportivas no seu ámbito territorial, especialmente nos centros de ensino, barrios e centros de traballo.
    5. Procurar que nos plans de ordenación urbanística establézanse as reservas de espazos e cualificacións de zonas para a práctica do deporte, así como a instalación de equipamentos deportivos e levar un censo actualizado no seu ámbito territorial de instalacións deportivas de uso público, tanto de titularidade pública como privada.
    6. Autorizar, de conformidade cos requisitos xerais, a realización de actividades deportivas fose das instalacións deportivas e en patrimonio público municipal.
      Organizar campionatos e eventos deportivos de carácter local.
    7. Calquera outra actuación que redunde en beneficio do desenvolvemento deportivo local ou que lles poida ser atribuída legal ou regulamentariamente e que contribúa aos fins ou obxectivos da presente lei.
    8. Contará cunha área de deportes, que poderá ser mancomunada, para contribuír a levar a actividade físico-deportiva a toda a cidadanía e garantir o pleno aproveitamento social das instalacións.

    Compartir