Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Estatística

Contacta

O Concello de Redondela acolleu a pasada semana a recepción a Carla Abad Alonso. A ex deportista e adestradora de balonmán recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas e adestradores “ao máis alto nivel no balonmán” e auguroulle moitos éxitos no futuro a Carla Abad.

Carla comezou de nena na canteira da SAR, e xa en categoría absoluta militou na elite do balonmán en equipos como o Guardés. Graduada en Ciencias da Actividade Física, traballa como adestradora en varios equipos e forma parte do corpo técnico das Federacións Galega e Española de Balonmán. Como técnica da selección galega en 2019 acadou o bronce no Campionato de España categoría Infantil feminina e os subcampionatos de España Territoriais en 2023 nas categorías Infantil masculina e Cadete feminina. Formou parte do corpos técnicos da Selección Española Xuvenil masculina que foi Campioa de Europa en 2022 e Campioa do Mundo en 2023. Neste 2024 estivo no equipo técnico da selección Española Sub21 que acadou o Campionato de Europa Junior.

O Concello de Redondela acolleu onte a recepción aos bailaríns dos grupos da escola de baile Dansarey que participaron no campionato de Europa Dancing Stars. Os tres grupos que competiron no certame gañaron o campionato na categoría premium nivel amateur, e foron campións e subcampións na categoría premium nivel avanzado.

Os grupos de baile da escola Dansarey recibiron o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos nesta disciplina. A alcaldesa deulle os parabéns polos seus éxitos deportivos e polo esforzo que realizan ao longo de todo o ano e sinalou que son “un orgullo para todo o municipio”.
O grupo Dansarey Queens, campioas de Europa Dancing Stars disciplina estilo libre categoría premium nivel avanzado, está formado por Paula Dopazo, Andrea Míguez, Raquel Bouza, Eva Teijeira, Arantza Rodríguez, Andrea Bouzón, Rocío Docio, Amaya Trigo, Aylin Rodríguez, Carmen Reigosa e Beatriz Ramallo.
O grupo Dansarey Ladies, campioas de Europa Dancing Stars disciplina libre categoría premium nivel amateur, son Paula Dopazo, Andrea Míguez, Rocío Docio, Amaya Trigo, Aylin Rodríguez, Beatriz Ramallo, Noa Corujeira, Sandra Gómez e Sara Rodríguez.
O grupo Dansarey Dance Company, subcampións de Europa Dancing Stars disciplina libre categoría premium nivel avanzado compóñeno Amaya Trigo, Aylin Rodríguez, Lidia Iglesias, David Otero, David Brea e Carlos Galego.

O Concello de Redondela acolleu onte a recepción aos atletas do CAR (Club de Atletismo Redondela) Nerea Lago Pires e Gael Couñago Romasanta. Os dous deportistas, de 19 e 15 anos, respectivamente, acadaron esta temporada grandes éxitos a nivel autonómico e estatal. Hoxe recibiron o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel do atletismo galego” e auguroulles moitos éxitos no futuro tanto a Nerea como a Gael.

Nerea Lago, na categoría Sub20, é subcampioa galega absoluta en pista cuberta na modalidade de probas combinadas e subcampioa Sub20 en probas combinadas e lanzamento de peso. En Pista ao aire libre é subcampioa galega absoluta en combinadas,e subcampioa galega sub20 en altura e campioa galega en triplo salto.

Gael Couñago é récord galego sub16 salto de altura coa marca persoal 1,86 m. rachando co anterior récord que no se batira desde 1975. Malia a súa xuventude en pista cuberta é subcampión galego absoluto en altura e campión galego sub18. En Pista ao aire libre é tamén subcampión galego absoluto en salto de altura e campión galego sub18. Acadou tamén o 8º posto no Campionato de España sub18 salto de altura. Participou tamén coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra nos campionatos galegos de clubs absoluto e sub18, quedando campións.

Aínda non hai eventos para as próximas datas

Deportes

Non se atoparon descargas!

    De interese...

    INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

    ESPAZOS ABERTOS

    RESERVA DE PISTAS

    SUBVENCIÓNS

    Concello de Redondela, a través do seu Concellería de Deportes,, nos termos que dispón a presente lei, a lexislación de réxime local e a lexislación sectorial do Estado, exercerá no seu correspondente ámbito territorial as seguintes competencias:

    Fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar.

    1. Promover e, no seu caso, executar, no ámbito da súa competencia, os programas xerais do deporte, mediante a coordinación coa Administración autonómica, así como coa colaboración con outros entes locais, federacións deportivas galegas ou outras asociacións deportivas.
    2. Construír, xestionar, ampliar e manter as instalacións deportivas de titularidade municipal e, no seu caso, a xestión e mantemento das de titularidade autonómica cuxo uso e xestión sexanlles cedidos, tendo en conta a cualificación adecuada do persoal responsable para esas finalidades.
    3. Velar pola plena utilización das instalacións deportivas da súa titularidade, procurar a participación das asociacións deportivas do seu ámbito municipal na optimización do uso destas e coidar as súas condicións de hixiene e seguridade.
    4. Fomentar e apoiar a creación de asociacións deportivas no seu ámbito territorial, especialmente nos centros de ensino, barrios e centros de traballo.
    5. Procurar que nos plans de ordenación urbanística establézanse as reservas de espazos e cualificacións de zonas para a práctica do deporte, así como a instalación de equipamentos deportivos e levar un censo actualizado no seu ámbito territorial de instalacións deportivas de uso público, tanto de titularidade pública como privada.
    6. Autorizar, de conformidade cos requisitos xerais, a realización de actividades deportivas fose das instalacións deportivas e en patrimonio público municipal.
      Organizar campionatos e eventos deportivos de carácter local.
    7. Calquera outra actuación que redunde en beneficio do desenvolvemento deportivo local ou que lles poida ser atribuída legal ou regulamentariamente e que contribúa aos fins ou obxectivos da presente lei.
    8. Contará cunha área de deportes, que poderá ser mancomunada, para contribuír a levar a actividade físico-deportiva a toda a cidadanía e garantir o pleno aproveitamento social das instalacións.

    Compartir