Concello de Redondela

Xuventude

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é un servizo posto a túa disposición pola Concellería de Xuventude do teu Concello onde podes atopar toda a información que a miúdo necesitas e que non sabes ónde buscar.

  • Ensino : Bacharelato, Ciclos Formativos, Universidade, ensino non formal.
  • Becas, Cursos, Jornadas, …
  • Oferta de empleo público y privado, autoempleo, …
  • Subvencións pola compra de vivenda, alugueiro...
  • Formación no estranxeiro.
  • Campamentos, Campos de Trabajo, Voluntariado, …
  • Ocio, Tiempo Libre, Viajes …
  • Sexualidade, prevención de Riscos.
  • Saúde, drogas, alcohol, hábitos alimenticios.

As túas dubidas terán unha resposta.

Contacta

O paseo do río Pexegueiro transformarase nun Túnel do Terror

– O Concello de Redondela prepara para o 31 de outubro un amplo programa de actividades para todos os públicos con obradoiros de cabazas, maquillaxes terroríficas, túnel do terror no paseo do Pexegueiro e o espectacular pasarrúas «Errantes» de Troula Animación. Todas as actividades son de balde.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca que se trata dunha xornada de festa con actividades para nenos e nenas, pero tamén para a mocidade e adultos. A programación repártese en diferentes localizacións como o Multiúsos de Chapela, o Multiúsos da Xunqueira, o paseo do Pexegueiro e un espectáculo itinerante polo centro da vila.

Redondela celebra o venres 31 de outubro, véspera de Defuntos, a festa do Samaín. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez, foron as encargadas de presentar a programación no paseo do Pexegueiro, xunto a parte do elenco que participará nas actividades. Rivas explicou que a programación organizada polo Concello “está pensado para todos os públicos e haberá actividades en diferentes localizacións como o Multiúsos de Chapela, o Multiúsos da Xunqueira, o paseo do Pexegueiro e as rúas do centro da vila”. Ademais, todas as actividades son de balde.

Os máis pequenos poderán gozar tanto en Redondela como en Chapela dos obradoiros «Fai a túa cabaza» e “Maquillaxe e tatuaxes de terror”. Os tallares serán nos Multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral de 17:00 a 20:00 horas. A concelleira, Rita Pérez, explica que nenos e nenas “poderán deixar voar a súa imaxinación e crear as súas propias cabazas de Samaín para levar a casa como un recordo desta noite tan especial”. Nos talleres de maquillaxe os pequenos artistas poderán transformarse en criaturas aterradoras coa axuda de maquilladores expertos, que lles darán trucos e técnicas para un resultado “aterrador”.

O paseo do río Pexegueiro transformarase nun Túnel do Terror desde as 18.30 até as 21.30 horas. Os máis atrevidos poderán experimentar un mundo de misterio, suspense “e moitos sustos”. Haberá sorpresas ao longo da ruta con personaxes e criaturas misteriosas. Pérez Táboas advirte que se trata dunha experiencia “intensa” dirixida a público a partir dos 12 anos ou menores acompañados dun adulto. Aconséllase acudir cunha lanterna.

As rúas do centro da vila transformaranse nun gran escenario para acoller o espectáculo itinerante “Errantes”, de Troula Animación. Orcos, trolls e bestas saídos da máis profunda escuridade dos tempos desfilarán pola vila transportando nunha gaiola o “Orlok” . A pirotecnia, os fachos e o fume, xunto coa percusión do pasarrúas, farán vivir ao público sensacións “terroríficas”. A asombrosa comitiva partirá da Praza de Ribadavia ás 19:30 horas.

Como novidade, este ano a festa rematará co rito ancestral de queimada «Belenus». Será na Praza do Concello ás 20:30 horas. O lume e a música servirán para invocar aos espíritus e librarnos de todo mal a través da cerimonia da Queimada na que non faltarán bruxos e meigas cun espectáculo cheo de paixón, sentimento e lume!!!

Iria Vilaboa, concelleira de Infancia, Luciano Otero, alcalde de Pazos, Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, e Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior.
– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinou hoxe o convenio de colaboración cos alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén para poñer en marcha este novo serbio no que tamén participa Fornelos de Montes. A asistencia de Atención Temperá prestarse en Redondela para a poboación infantil de 0 a 6 anos dos catro municipios que o precise.
– Os nenos e nenas accederán a este recurso mediante derivación do seu pediatra de referencia cando se detecte ou exista sospeita dalgún trastorno no desenvolvemento do menor. Rivas explicou que o obxectivo principal é ofrecer este recurso “imprescindible” para moitas crianzas e as súas familias, e facelo “de xeito precoz e no seu entorno máis próximo”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinou esta mañá o convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá cos alcaldes de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o de Pazos de Borbén, Luciano Otero, do que tamén forma parte tamén Fornelos de Montes. O novo servizo prestarase en Redondela e estará dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos dos catro municipios. O convenio fixa as liñas de traballo e o funcionamento desta prestación para os menores e as súas familias no marco da Rede Galega.

O Servizo de Atención Temperá, un recurso público e gratuíto, estará dirixido a nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que o obxectivo principal é ofrecer este recurso que é “imprescindible” para moitas crianzas e e as súas familias, e facelo “dun xeito precoz e no seu entorno máis próximo”. Os nenos e nenas accederán a este recurso mediante derivación do seu pediatra de referencia cando se detecte ou exista sospeita dalgún trastorno no seu desenvolvemento. A posta en marcha deste convenio, que valoraron dun xeito moi positivo todos os alcaldes, supón ofrecer “apoio especializado para os menores e tamén para as súas familias, o que favorecerá a autonomía e a inclusión das crianzas ofrecendo unha intervención adaptada ás necesidades específicas de cada caso”. O Servizo de Atención Temperá permitirá “detectar e intervir o antes posible para optimizar as terapias e tratamentos necesarios en cada caso”.

O servizo prestarase en instalacións do Concello de Redondela, e contará cun mínimo de tres profesionais especializados en trastornos do desenvolvemento a nivel cognitivo, psicomotor, da linguaxe e comunicación, da autonomía e tamén prestarán apoio e formación á familia. O equipo ofrecerá atención interdisciplinar en ámbitos como a psicoloxía, a logopedia e a fisioterapia.

Digna Rivas sinalou que a sinatura deste convenio “é un primeiro paso” que reflicte “o firme compromiso dos concellos implicados coa infancia e coas familias, partindo do convencemento de que unha intervención precoz, integral e especializada é fundamental para garantir un desenvolvemento saudable e unha inclusión plena dos nenos e nenas”.

No convenio os catro Concellos acordan solicitar as subvencións convocadas pola administración autonómica dentro da Rede Galega para o seu financiamento.

Alfombristas, mocidade e voluntarios de todas as idades están a participar na elaboración dun gran mural na superficie da rúa peonil Padre Sarmiento. O Concello de Redondela puxo en marcha esta iniciativa para dar unha nova vida a esta rúa e render homenaxe ás tradicións do municipio. Os viadutos, as alfombras florais, a Coca e os xigantes son algúns dos protagonistas desta creación, que foi encargada á artista local Paula Amoedo.
A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira Iria Vilaboa comprobaron esta tarde a evolución dos traballos desta alfombra-mural “de gran a creatividade e beleza”. Tanto Rivas como Vilaboa destacaron que se trata dun traballo no que participan moitas persoas, “son voluntarios e voluntarias de todas as idades que se sumaron a esta iniciativa para crear unha obra colectiva e interxeracional”.
A intervención artística está a realizarse nesta céntrica rúa peonil que conta cunha lonxitude duns 50 metros. Esta actuación vai na liña doutras políticas postas en marcha desde o goberno local para unha mobilidade sostible. O obxectivo é recuperar espazos públicos para a cidadanía e crear unha vila máis amable para os peóns dándolles prioridade nos lugares onde é posible.

There is no Event

Xuventude

No downloads found!

    Cidades Amigas da Infancia

    Carné Xoven

    Unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.Destinado a mozas e mozos entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (sen superar os 30 anos).

    Cubrir un impreso de solicitude e o de pagamento de taxas. Aboar 6€ en calquera banco ou caixa. co impreso das taxas

    Códigos para o impreso de pagamento: Consellería de Traballo e Benestar (14), Delegación de Pontevedra (40), Servizo de xuventude e Voluntariado (03) Taxa (Carné Xove): Código (36.31.01) Suxeito pasivo (datos da/o moza/o solicitante) Importe a ingresar 6€.

    Xuventude Redondela, Multiusos da Xunqueira , pranta baixo. Paseo da Xunqueira s/n ,Redondela Servizo de Xuventude e Voluntariado. Delegación territorial de Vigo.Rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo Oficinas municipais de información xuvenil de calquera concello

    Facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Abrangue todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. O carné está homologado en todo o territorio nacional e países europeos adheridos a este programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

    Busca tendas ou servizos que acepten o Carné Xove e que estean preto de tí. Localizaos, chamaos por teléfono ou diríxete alí sabendo que promoción teñen para tí. Cando saian novas ofertas relacionadas co Carné Xove recibirás unha alerta no teu dispositivo sen ter que consultar todos os días a páxina de Xuventude da Xunta de Galicia.

    Cómo facer un Carné Xove e como sacarlle máis partido

    Todo nunha soa aplicación Xuventude Tarxeta Virtual.

    Establecementos adheridos

    Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.

    Pode consultar os establecementos aquí.

    Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo. Non esquezas que todos os descontos que figuran non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta. As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné poden solicitar a presentación do DNI.

    Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).

    Compartir