Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Medio Ambiente

A área de Medio Ambiente do Concello de Redondela encárgase de xestionar a infraestrutura verde municipal e a protección e conservación do medio ambiente urbano.

Contacta

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Pilar Martínez, celebrou hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente cunha actividade con escolares. Nenos e nenas participaron esta mañá nunha xornada formativa sobre a importancia da reciclaxe, de manter limpas as zonas públicas e o respecto aos espazos naturais. A xornada rematou cun paseo pola senda do río Pexegueiro, onde os escolares puideron coñecer a biodiversidade da contorna.

A actividade levouse a cabo en colaboración con Urbaser, a empresa responsable da recollida de residuos en Redondela, e coa participación de persoal do Plan Municipal de Voluntariado.

– A concellería de Sanidade e Medio Ambiente, que dirixe Pilar Martínez, pon en marcha unha campaña de información para previr o risco das mordeduras de carrachas. Lembra aos donos de fincas que deben mantelas limpas, e aos propietarios de animais de compañía que teñen a obriga de mantelos en bo estado de saúde.

– Os protocolos de actuación do Sergas e o Ministerio de Sanidade distribuiranse nos centros de ensino, centros de día, asociación e outros colectivos.

– Para minimizar os riscos de proliferación do mosquito tigre é importante retirar do exterior todos os obxectos que poidan acumular auga (pratos de testos, cinceiros, cubos, xoguetes) ou darlles a volta para evitar que se enchan con auga de choiva.

Coa chegada do bo tempo proliferan os insectos, e desde a concellería de Sanidade e Medio Ambiente de Redondela lembran a importancia de cumprir coa normativa vixente para evitar picaduras que poidan supoñer un perigo para a saúde. “A picadura dunha carracha pode transmitir varias enfermidades graves”, explica a concelleira Pilar Martínez, por iso o Concello está a alertar á poboación e fai recomendacións sobre como protexerse ante unha mordedura. As carrachas poden habitar parques, xardíns e bosques e morder tanto aos seres humanos como aos animais de compañía, polo que hai que lembrar aos propietarios de fincas “que deben mantelas limpas”. Para evitar riscos Pilar Martínez sinala que é importante acudir a estes espazos con pantalóns longos e botas para evitar o risco de mordedura. Unha vez na casa, e especialmente no caso de nenos e nenas, a concelleira recomenda “revisar a roupa e tamén a pel e a cabeza para asegurarnos de que non hai ningún parásito”. No caso dos propietarios de cans e gatos, suxírese estar atentos a calquera molestia que poidan manifestar ao volver da rúa, especialmente se estiveron en contacto con céspede e arbustos. A concelleira advirte ademais que é obriga dos propietarios manter en bo estado aos animais “tanto pola propia saúde das mascotas como por saúde pública, xa que cans e gatos poden transmitir enfermidades e parásitos ás persoas”. Desde a Policía Local levarase a cabo un control dos animais, e os propietarios poden ser requiridos para comprobar que cans e gatos están rexistrados, vacinados e coa desparasitación correcta”, advirte Martínez.

No caso de detectar algunha carracha, hai retirala da pel inmediatamente “pero é moi importante seguir as indicacións dos expertos para evitar que parte do insecto quede dentro da pel”. Para retiralas hai que tirar delas cunhas pinzas ou cunha ferramenta deseñada para este efecto. É necesario usar pinzas de punta fina para agarrar a carracha tan preto da superficie da pel como sexa posible, sen facer presión sobre o corpo da carracha. Logo, tirar cara a arriba cunha presión uniforme e constante, sen esmagar o insecto nin torcelo, “xa que isto pode provocar que se rompan partes da boca e que queden na pel”. Despois de retirar a carracha, limpar ben a área da picadura e as mans con alcohol ou con auga e xabón. No caso de que aparezan síntomas como vultos na pel, febre, dor de cabeza, vómitos ou dores musculares é preciso consultar a un médico. Estes protocolos de actuación do Sergas e o Ministerio de Sanidade distribuiranse nos centros de ensino, centros de día, asociación e outros colectivos.

Controis para evitar a proliferación do mosquito tigre

O Concello lanza unha serie de recomendacións para evitar a proliferación do mosquito tigre: un insecto pequeno de entre 5 e 7 milímetros, cor negra, con raias brancas no abdome e patas. Desde o departamento de Sanidade e Medio Ambiente informan que se activa en época de calor, e que pode transmitir enfermidades virais como o dengue, zika, ou febre amarela. Para minimizar os riscos é importante retirar do exterior todos os obxectos que poidan acumular auga (pratos de testos, cinceiros, cubos, xoguetes) ou darlles a volta para evitar que se enchan con auga de choiva. É necesario seguir estas indicacións en a patios, xardíns, parcelas ou terrazas. O mosquito tigre ten gran capacidade de reproducirse na contorna urbana. Un 80% das zonas de cría están en vivendas. A femia pon os ovos en lugares que, aínda que estean secos, son susceptibles de encharcarse ou en calquera pequeno recipiente que conteña auga. A edil lembra que a día de hoxe a presenza deste insecto na comarca non é preocupante porque os exemplares detectados son poucos, pero que “o mellor remedio é previr que se reproduza”. Por ese motivo traslada este aviso a cidadanía, unha advertencia que está xa presente nos cemiterios municipais para que se teña en conta esta medida de prevención que busca beneficiar á veciñanza.

O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de biomasa para previr incendios forestais. No caso da zona de Río Frío, en Chapela, o goberno local demanda que sexa a Xunta de Galicia a que se faga cargo da limpeza e tala das zonas próximas ás vivendas atendendo ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, Xunta, FEGAMP e SEAGA.

A concelleira Pilar Martínez explica que o Concello “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias dunhas 20 parcelas das que non se coñece propietario, polo que en base á Lei de prevención de incendios forestais de Galicia tramitamos un novo expediente”. O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte, dependente da consellería de Medio Rural, as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de biomasa para previr incendios forestais. A responsable de Medio Ambiente, Pilar Martínez, lembra que o Concello de Redondela recibiu en xullo de 2023 a petición dun veciño da zona de Río Frío para que se procedese á limpeza dunhas 30 parcelas con arborado e matogueira. A administración local solicitou aos propietarios a tala e roza destas parcelas, pero unha vintena non teñen identificado aos seus propietarios. O pasado mes de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia unha notificación aos propietarios das parcelas de monte de Río Frío dada a súa obriga a manter os terreos próximos ás casas nunhas condicións que eviten a erosión e os incendios. “Transcorrido o prazo administrativo, son aínda unha vintena as parcelas que están sen limpar, e descoñécense quen son os seus propietarios”, explica Pilar Martínez. O Concello de Redondela “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias das parcelas, polo que tramitamos un novo expediente en base á Lei de prevención de incendios forestais de Galicia”. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, explica que ao abeiro do convenio de colaboración que ten subscrito o Concello coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA (Servizos Agrarios Galegos) “solicitarase que sexa a administración autonómica a que se faga cargo da limpeza nas zonas de arboredo de Río Frío, xa que o Concello non ten capacidade para facelo”. Mañá venres, 19 de abril, vence o prazo administrativo da publicación no DOGA do pasado 4 de abril deste novo expediente, e tramitarse a solicitude ante a consellería do Medio Rural.

A edil lembra que en febreiro “xa se informou aos veciños afectados de cal é a situación e os trámites que se están a realizar ante a Xunta de Galicia”.

Aínda non hai eventos para as próximas datas

Medio Ambiente

Non se atoparon descargas!

    Analíticas

    Non se atoparon descargas!

      Axenda 21 - Redondela

      A Axenda 21 é un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sustentable no século XXI, aprobado por 173 gobernos na Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Janeiro en 1992.

      A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das políticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plan de Acción Local.

      Sumarse a esta iniciativa supón, xa que logo, o compromiso municipal de estimular o desenvolvemento de medidas encamiñadas a facer compatibles a conservación do medio co desenvolvemento social e económico do propio concello. Supón ademais facelo dun xeito estruturado e planificado o que implica unha actuación transversal coa participación da totalidade das áreas da Administración local.

      A Axenda 21 Local é un proceso aberto e creativo que cada concello define baseándose na súa realidade e nos seus condicionantes.

      ACCESO LIÑA VERDE

      De interese...

      DUBIDAS SOBRE A RECICLAXE?

      INFORMACIÓN SOBRE PUNTOS LIMPOS

      MAPA DAS FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO DE REDONDELA

      Compartir