Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

As obras na rúa do Hospital evitan o vertido de milleiros de litros de auga da chuvia á rede saneamento

Os traballos de renovación da rúa do Hospital, ao carón de cemiterio dos Eidos, son unha aposta pola mellora do medio ambiente. As obras, da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, consistiron na instalación dunha nova rede de recollida de augas pluviais. Deste xeito evítase que milleiros de litros de auga da chuvia acaben na rede de saneamento, o que supón unha gran sobrecarga para o sistema de depuración. O concelleiro responsable da área, Roberto Villar, explica que “se cambiou toda a tubaxe de pluviais que levaba 15 anos rota, e desde entón as augas da chuvia estaban conectadas ás do saneamento”. Finalizados os traballos, os operarios municipais estenderon zahorra nos regos para favorecer o repisado. No prazo dunha semana procederase ao asfaltado da rúa.

Villar explica que a separación de augas pluviais e fecais “é fundamental para que sistema sexa sostible” xa que no caso de chuvias abundantes “o grande volume de auga pode superar a capacidade do sistema de sumidoiros e desbordar”. Deste xeito optimízase o rendemento da Planta de Tratamento de Augas Residuais (EDAR). O concelleiro destaca a dobre vantaxe destas redes separativas, por unha banda o beneficio medioambiental, xa que a auga da chuvia permanecerá limpa, e por outra o aforro económico a longo prazo “xa que se o volume de auga que chega á depuradora é menor, tamén será menor o custe do seu tratamento”. Villar sinalou tamén que o feito de facer esta obra co propio persoal municipal supón tamén un aforro para as arcas do Concello.

Compartir