-Máis de 200 persoas desfilaron onte coas catro Rondallas e Ranchos de Reis que participaron na tradicional cita da vila. A gran novidade foi a estrea da agrupación de Ventosela, que con 81 participantes foi a máis numerosa, seguida da Rondalla Santiaguiño de Guizán, a do CCR Beade e o Rancho de Reis As Cortellas.
-A alcaldesa, Digna Rivas, salientou o “éxito” desta xornada de Reis que malia ter que celebrarse no pavillón da Marisma debido á previsión de chuvia, contou con moita afluencia de público ao igual que a xornada de feira, que se ateigou de xente cando as precipitacións deron un respiro.
Como cada ano, fieis á súa cita, as Rondallas e Ranchos de Reis non faltaron onte áa xornada festiva en Redondela. O certame organizado pola concellería de Cultura do Concello de Redondela celebrouse no pavillón municipal da Marisma pola previsión de chuvia. Participaron este ano un total de catro agrupacións, sendo a máis numerosa a da Asociación Cultural e Deportiva A Miñoteira de Ventosela, con 81 compoñentes. Xunto coas Rondalla Santiaguiño de Guizán, a do CCR Beade e o Rancho de Reis As Cortellas foron en total 225 as persoas de todas as idades as que desfilaron no tradicional certame. A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, salientou a boa nova de que este certame volva contar coa participación dunha agrupación local despois de moitos anos, e felicitou á Rondalla de Ventosela “polo seu gran traballo e por recuperar esta antiga tradición”.
A alcaldesa, Digna Rivas, salientou o “éxito” desta xornada de Reis que malia ter que celebrarse no pavillón da Marisma debido á previsión de chuvia, contou con moita afluencia de público ao igual que a xornada de feira, que se ateigou de xente cando as precipitacións deron un respiro.


