Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Bibliotecas

As Bibliotecas do Concello de Redondela son un servizo público básico que ten como finalidade ofrecerlle á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

O venres 25 de outubro

a Sala Infantil-Xuvenil da Biblioteca P. M. Valle Inclán de Redondela

permanecerá pechada.

Desculpen as molestias.

Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, celebración creada en 1997 pola  Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

A esta conmemoración fóronse sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e mais todas as administracións autonómicas do Estado.
A Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura,  a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, impulsa cada ano a celebración deste Día.
Como cada ano as Bibliotecas Municipais de Redondela facemos nosa esta festa, coa que desexamos que as persoas usuarias dos nosos servizos, e tamén os veciños e veciñas da contorna, aprecien, valoren, usen e reivindiquen as bibliotecas.
LIBROS ORFOS
Neste 2024 a nosa proposta ten un ton nostálxico arredor da colección das bibliotecas.
Porque… usuarios e usuarias:
que hai máis triste para unha biblioteca que ter libros que (case) ninguén le?… que ter documentos que (case) ninguén leva prestados?
Moitos deles son libros bos e interesantes, e queremos darlles unha segunda oportunidade. Así que durante a vindeira quincena, desde o luns 21 e ata o venres 31 de outubro propoñémosvos rescatar estas lecturas magníficas e que vos acheguedes a elas. A estes libros demos en chamarlles «libros orfos», porque son libros que buscan lector(a)s, que buscan ser apadriñados.
Velaquí podedes ver os listados dos LIBROS ORFOS que podedes atopar nas nosas bibliotecas:
Libros orfos – Biblioteca de Redondela
Libros orfos – Biblioteca de Chapela
Achegádevos polas bibliotecas e deixádevos sorprender pola sección máis vintage da nosa colección, que emerxe como Ave Fénix para ser acollida polas vosas mentes devoradoras de boas historias.
AGASALLO DE MARCAPÁXINAS ORIXINAIS
Ademáis, durante estes días, os préstamos nas bibliotecas levarán un pequeno agasallo. As persoas que usen este servizo no mostrador levarán como obsequio un orixinal marcapáxinas, deseñado especialmente para esta conmemoración polo persoal do Obradoiro de Emprego de deseño gráfico do Concello de Redondela.
Tamén vos deixamos aquí esta ligazón para que poidades descargar o deseño por se queredes imprimilos en casa.
Feliz 24 de outubro e que VIVAN AS BIBLIOTECAS!!!

 

Co obxecto de reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia as Bibliotecas Municipais de Redondela unímonos, un ano máis, á celebración do Día das Escritoras. Unha efeméride que se conmemorou o pasado luns, 14 de outubro, seguindo o lema escollido para este ano: “A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural».

As bibliotecas municipais volvemos festexar esta celebración nas ondas da Radio Municipal e, neste 2024, moi ben acompañados coas bibliotecas dos centros de ensino superior do noso concello.

Neste marco realizáronse lecturas de diferentes textos que foron grabadas polos equipos das bibliotecas dos centros e mais polo seu alumnado, e que foron emitidas desde as ondas de Radio Redondela.

Os centros que participaron foron:

Así como o persoal das bibliotecas municipais, que tamén participaron facendo as súas lecturas.

 

  • Aquí vos deixamos a ligazón a cada emisión:

Presentación do «Día das Escritoras» na sección #LiteraturanasOndas de Radio Redondela

Lectura desde a Biblioteca do IES Pedro Floriani (Promethea, Ada, Noa e Sandra)

Lectura desde a Biblioteca do IES Mendiño (Antía, Aroa, Carlota, Iria e Marta )

Lectura desde a Biblioteca do IES Illa de San Simón ( Paula, Mateo, Catarina e Martín)

Lectura desde a Biblioteca do Colexio Vigo (Mª Montserrat Ruibal Fernández, Mª Teresa Lobit, Natalia Stainbrugen e Noelia Jorge )

Lectura desde a Biblioteca do IES Chapela (María, Paz, Olga e Sonia )

Lectura desde as Bibliotecas Municipais de Redondela (Mª Elena, Cote e Mª José)

  • Na prensa e outros lugares:

Na páxina da BNE

Na páxina de Clásicas y Modernas

-En Radio Redondela

-No Atlántico Diario

-No Faro de Vigo

En Cadena SER

Outubro 2024
Out 21
21 Outubro 2024
Biblioteca de Redondela,P.º da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800
Novembro 2024
Nov 08
Nov 08
08 Novembro 2024
Biblioteca de Redondela,P.º da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800

Bibliotecas

Catálogo

O Catálogo das bibliotecas de Redondela está incluído no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (rbgalicia). Desde el pódese buscar calquera tipo de documento (libros, material gráfico, audiovisuais, gravacións sonoras etc.)/ etc.) tanto das bibliotecas de Redondela como de calquera outra biblioteca incorporada a esta Rede.

Novidades

As listas do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia son seleccións de documentos dese catálogo, son unha forma de gardar unha colección de contidos sobre un tema concreto ou para un fin determinado. Como usuarios tamén podedes crear vosa propia lista.

A continuación deixámosche os ligazóns aos creados coas novidades das nosas biblioteca. Desta maneira, poderá acceder facilmente ás últimas incorporacións de documentos a noso/o seu fondo.

GALICIA LE é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten como obxectivo facilitar o acceso á cultura a todos os cidadáns.

GaliciaLe ofrece un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital sobre diversas temáticas no que os intereses de todos os lectores terán o seu espazo (ficción, informática, historia, lecer etc.)/ etc.) e todas as idades terán o seu lugar.

En GaliciaLe atoparás dous catálogos: un que contén o "Catálogo Galego" e outro que aloxa o «Catálogo Castelán». As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visualizarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e computadores persoais. No caso dos libros, tamén poderás facelo desde un lector de libros electrónicos.

Para acceder a GaliciaLe necesitas:

  • Ser usuario con tarxeta dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se non a tes, podes acudir á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar a túa tarxeta.
  • Dispoñer dun dispositivo compatible (tableta, computador persoal, lector de libros electrónicos, teléfono móbil etc.)/ etc.) e unha conta de correo electrónico.

Novo servizo GaliciaLe+: As persoas de fóra de Galicia poderán facer uso do préstamo dixital en galego a través desta plataforma, rexistrándose previamente neste enlace. Rexistrarse en GaliciaLe+

App da Rede de Bibliotecas de Galicia

Coa aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia podes levar sempre contigo todo o catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo, GaliciaLe. Para usarla solo necesitas tener el carné de cualquier biblioteca de la Red y entrar con tu usuario y contraseña. Podrás consultar el catálogo gallego de la biblioteca digital de préstamo, GaliciaLe, y tomar en préstamo libros, revistas y audiovisuales, visualizarlos en línea o descargarlos, de forma gratuita la cualquier hora del día y todos los días del año. También incorpora un acceso directo a la web de eBiblio y al catálogo de las bibliotecas físicas de la Red. De este modo, tu carné de la biblioteca está ahora en tu móvil. Con esta app, podrás acceder al préstamo o la cualquier otro servicio de tu biblioteca sin necesidad de llevar la tarjeta.La aplicación de la Red está disponible tanto para Android como iOS y puedes descargarla directamente en sus respectivas plataformas. Para hacerlo escanea el código QR correspondiente según el sistema operativo de tu dispositivo móvil o accede a través de los enlaces que encontrarás a continuación.

Servizos

Espazo Persoal

Para acceder á túa conta de usuario da Rede de Bibliotecas de Galicia:

  1. Ir á web: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
  2. O acceso é no cadro da dereita: «Inicia sesión na túa conta»

 

  • Usuario: o seu número de tarxeta da biblioteca.
  • Contrasinal: Se non ten unha, elixa «Esqueceu o seu contrasinal» e siga as instrucións.

 

Vostede será capaz de:

  • Renova os teus préstamos.
  • Reserva un documento que se toma prestado.
  • Realizar unha solicitude á biblioteca.
  • Etiquete as súas lecturas.
  • Consulta os teus préstamos.
  • Etc.

Pregunte: As bibliotecas responden

Servizo de información pública a través de Internet, que se ofrece de forma gratuíta e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.

Ofrecido por bibliotecas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado pola Dirección Xeral do Libro e Promoción da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

Xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas para que, aínda que accedas a través da túa biblioteca habitual, a túa consulta poida ser respondida por calquera outra biblioteca participante no proxecto.

Permite aos usuarios consultar as bibliotecas participantes a través de dous métodos: correo electrónico (24 horas ao día, 365 días ao ano) e chat (días laborables en horario de atención ao usuario).

Punto de Investigación Redondela na Historia

Esta rede consta de tres puntos de acceso:

  • Arquivo documental e arquivo audiovisual do Concello de Redondela :
    Casa do Concello – r/ Alfonso XII, 2 – Redondela
    Teléfono: 986 400 300
    E-mail: arquivo@redondela.gal
  • Biblioteca Municipal de Valle-Inclán de Redondela .
  • Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela .

O acceso á hemeroteca Faro de Vigo realízase en liña, desde computadores habilitados nas propias instalacións do arquivo e nas bibliotecas municipais. O acceso é gratuíto, pero deberá solicitar a súa consulta nestes servizos, e deixar constancia dela nun formulario breve, para que o Concello poida avaliar o uso deste recurso.

A procura dentro desta base de datos permite, grazas ao OCR ( Recoñecemento Ópticos de Caracteres), filtrar todos os números do xornal informativo por termos específicos, pero tamén por datas.

O persoal das bibliotecas e máis do arquivo guiará e asesorará ás persoas interesadas á hora de navegar e mergullar pola historia desde o ano 1853 (nacemento do xornal) ata a actualidade.

Documentos : Os documentos administrativos xerados e recibidos polo Concello de Redondela desde 1848 ata a actualidade, ordenados e clasificados no Arquivo Municipal.

Fotografías : Fondos audiovisuais dixitalizados, cedidos polo barrio. Coleccións privadas de fotografías de paisaxes e xentes de Redondela. No Arquivo Municipal e no seu  blog.

Fondo bibliográfico local : Fondos en diferentes medios que tratan do noso municipio e a súa xente, obras de autores locais e obras impresas na localidade. Nas bibliotecas do Concello (Redondela e Chapela).

Con estas fontes de información ao dispor da cidadanía, o Concello de Redondela pretende completar a visión do noso Pobo de Redondela, indagar, investigar ou simplemente vincularnos e achegarnos desta maneira ao noso pasado.

Biblioterapia

A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.

O Proxecto:

Está impulsado pola Axencia para o Coñecemento en Saúde e a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiamento de Lundbeck.

De interese...

LITERATURA NAS ONDAS

Compartir